miércoles, 20 de abril de 2022

Obradoiro de Papel

 

Dentro das actividades organizadas polo centro para conmemorar o Día do Libro os cativos e cativas de 6º de Primaria tiveron a sorete de vivir en primeira persoa o proceso de reciclad do papel. 

Ademais, puideron escribir en papel reciclado con pluma e tinta así como aprender e visualizar o proceso do lacrado.

Pinchade na seguinte ligazón para ver o proceso e o ben que o pasamos!

Grazas por este obradoiro tan dinámico!

Galería de fotos da actividade de hoxe





lunes, 4 de abril de 2022

Concerto didáctico

 Hoxe tivemos a sorte de asistir a un Concerto didáctico nas instalacións da nosa escola.

Esta iniciativa é promovida polo Centro Coreográfico galego para facer un percorrido polos principais instrumentos da música tradicional galega, coa fin de coñecer as súas características musicais e de construción. Ao mesmo tempo, estes instrumentos serven para introducir os ritmos máis importantes coas súas características e usos... 

Non vos imaxinades a de cousas que aprendemos e sobre todo, o que gozamos escoitando ao grandes músicos que nos deleitaron con cancións e sons tradicionais...

Seguimos mergullados na nosa cultura, na nosa tradición... a son de gaitas, pandeiros, e zanfoñas...

E ti? Tocas algún instrumento musical tradicional de Galicia??

FOTOS








Deixámosvos un exercicio para aprender as partes da gaita:








GRAZAS POR VIR!



sábado, 2 de abril de 2022

Día Mundial concienciación ( AUTISMO)

    “UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA”  #DiaMundialAutismo #HazFeliz

Este ano a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 (que se conmemora o 2 de Abril), pon o foco de atención no dereito das persoas con TEA e as súas familias a desfrutar dunha vida feliz.


 

 








Aquí vos deixamos uns exemplos de cousas que nos fan felices ao alumnos e alumnas de 6º de EP