miércoles, 21 de septiembre de 2022

FORMACIÓN USUARIOS BIBLIOTECA

 


Neste curso a nosa biblioteca volta a estar a pleno funcionamento: préstamos, espazos de estudo, lectura informal, colectiva, espazo informático, recuncho de diálogo, contacontos... e un proxecto de arte anual.

Con todo esto precisamos de axuda, así pois, o alumnado de 6º será o encargado de atender a biblioteca nos tempos de lecer en base a un calendarios establecido.

Asemade serán os formadores do alumnado de 5º para que así, o vindeiro curso, poidan pasarlles o relevo.

Por este motivo estamos a facer nesta semana a formación de usuarios cos nenos e nenas de 6º para que estean ben preparados para cumplir coas súas funcións. 



En breve recibirán os documentos precisos con todo o abordado ata o momento:
- Función dos encargados.
- Calendario de gardas do primeiro trimestre.
-Normas de biblioteca.
-CDU dos fondos bibliogáficos.
-Normas de emprego dos libros de incidencias de biblioteca e Meiga.
-Manual breve de empréstito e devolución Meiga.
- Identificador de encargados/as de biblioteca. 

IMOS A POR ESTA NOVA RESPONSABILIDADE. TENTAMOS APROVEITAR ESTE CURSO AO MÁXIMO. 

21/9/2022 ANIVERSARIO VERA


 

martes, 13 de septiembre de 2022

13/9/2022 ANIVERSARIO AITOR


XOGOS MATEMÁTICOS

 


Este curso nalgunhas sesións de matemáticas faremos uso de xogos que nos axuden a mellorar a nosa competencia nesta área: o cálculo mental, táboas de multiplicar, operacións sinxelas, razoamento matemático... 

Aprender xogando é significativo, así que trataremos de implementar os xogos sempre que nos sexa posible. 

No día de hoxe comezamos cun xogo por parellas de cálculo mental.

viernes, 9 de septiembre de 2022

Comenzando dinámicas: Actividade Eu Son...



Xa que temos unha nova compañeira na aula (Ariana) hoxe realizamos unha pequena actividade de presentación.

Cada un dos rapaces e rapazas de sexto cubriu a ficha Eu son describíndose a sí mesmo/a para que Ariana poida coñecelos mellor.

Foi divertido e pasamos xuntos un bo momento. 

Aquí tedes un exemplo da ficha.




jueves, 8 de septiembre de 2022

Comeza o novo curso: Derradeiro en PRIMARIA


QUERIDOS NENOS, NENAS E FAMILIAS:

XA ESTABAMOS DESEXOSOS DE VOLTAR A ESTAR CON VÓS E COMPARTIR UN NOVO CURS, QUE AGARDAMOS ESTEA CHEO DE APRENDIZAXES, SORRISOS E BOA CONVIVENCIA.

É O NOSO ÚLTIMO CURSO EN SADA E CONTORNOS, TENTADE DISFRUTALO E GRABALO NA VOSA MEMORIA E NO VOSO CORAZÓN CON AGARIMO.
 

ASÍ VOS AGARDA A VOSA NOVA AULA, MÁIS CATIVA CA ANTERIOR PARA ESTAR BEN XUNTIÑOS E XUNTIÑAS AGORA QUE PODEMOS (JAJAJAJA).


PEQUENO AGASALLO INICIO DE CURSO. A IDEA É DESGASTAR BEN O LAPIS CON TODAS AS VOSAS CREACIÓNS. 


E POR FIN ESTADES DENTRO! COMEZAMOS CUNHA TEA DE ARAÑA DE RECOÑECEMENTO E BENVIDA PARA A NOSA NOVA COMPAÑEIRA ARIANA.

AGARDAMOS O TEU PRIMEIRO DÍA CON NÓS FOSE AGRADABLE. 

1/9/2022