lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ

 




Hoxe, como non podía ser doutro xeito conmemoramos o día da paz na nosa escola. 
As primeiras horas adicámolas a investigar por grupos e dar resposta a cuestións tales como: 

- Por que se celebra o día da paz o 30 de xameiro?

- Está relacionada esta conmemoración con algunha figura histórica?

- Por que os símbolos da paz son unha pomba e esa estrana figura circular?

Os diferentes equipos fixeron moi bo traballo e así puidemos coñecer mellor a Mahatma Gandhi.


Xa postos en materia, participamos nun acto grupal no patio onde limos un manifesto, recitamos un poesía a prol da paz (Grolos de Paz), cantamos e bailamos ao son da canción"Que Bonito" e construimos entre todos e todas unha escultura de sorrisos.







POR UN MUNDO CHEO DE PAZ, SORRISOS E NON VIOLENCIA. 


CLIC NA IMAXE PARA MÁIS FOTOS DA XORNADA



jueves, 26 de enero de 2023

PLAN DIRECTOR CONVIVENCIA: USO SEGURO INTERNET

 

Unha imaxe vale máis que 1000 palabras, e a publicación de hoxe como podedes ver vai encamiñada a ese MUNDO inmenso que constitúe a REDE (internet, redes sociais, móvil, comunicacións virtuais...)

Dado o perigo que o seu mal emprego pode ocasionar, o alumnado de 6º recibiu unha charla clara e concisa por parte de Fernando, garda civil que forma parte do Plan Director de convivencia da xunta e sempre nos aporta o seu gran de area a prol dun uso seguro de Internet.



martes, 24 de enero de 2023

Taekwondo

 

Hoxe, o alumnado de 6º puido disfrutar da actividade de Taekwondo na súa sesión de Educación Física.

Ao igual que anos anteriores foi unha experiencia moi divertida, educativa, chea de valores e convivencia a través desta arte marcial.


As súas caras falan por sí soas. 

Se queredes ver máis fotos e videos, aquí vos deixamos un álbum da xornada. 




Facede Clic sobre esta imaxe. 

viernes, 20 de enero de 2023

PROBLEMAS COMPETENCIAIS

 


PROBLEMAS PARA A VIDA


Este trimestre comezamos cunha nova dinámica na aula. Aproximadamente, unha vez á semana levaremos a cabo unha práctica de problemas competencias en grupo. Trátase da resolución de situacións reais que poidan darse na vida dos nenos e nenas (realización dunha compra, preparación dun menú, unha receita...) extraendo datos de folletos publicitarios, rede... todos reais e dar solución (de diferentes formas) á situación plantexada. 

O noso primeiro contacto con esta práctica e co emprego de calculadora está a ser moi positivo. Continuaremos a aprendizaxe.





viernes, 13 de enero de 2023

13/01/2023 ANIVERSARIO ANTÓN


Benquerer: Aprendendo sobre Diversidade Sexual


Neste trimestre continuamos coas aprendizaxes da escola do Benquerer.

Hoxe aprendemos sobre Diversidade Sexual: Identidade, Orientación...



Atentos ao vídeo explicativo.



Identificando termos necesarios en equipo



Comeza a acción, o xogo, a búsqueda do termo coa súa definición correcta (sen poder falar non é tan doado). 



Resultado Final



Seguimos aprendendo dende o respecto á DIVERSIDADE. 

Bo traballo, equipo.