martes, 30 de mayo de 2023

Navega con Rumbo (Ameazas Internet)

 

O Programa Navega con Rumbo ten como obxectivo favorecer o uso responsable de internet entre o alumnado, previr o ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso de internet e as redes sociais mediante charlas informativas que aborden o uso positivo da rede e proporcionar estratexias para previlos.

Hoxe, dentro deste programa, visitounos Rubén que nos ensinou algúns dos peligros de internet e mostrounos algunha práctica que debemos de ter en conta á hora de facer uso das tic.


Face clic sobre a seguinte imaxe e poderedes acceder a toda a información que nos ofreceron e que pode ser de moita utilidade.

Salvamento Sada (SASA)

 


 Hoxe visitaron o centro Xoel e Roberto, técnicos do Club Salvamento Sada (SASA) para acercarnos a esta disciplina deportiva. 

Coñecimos un pouco máis das súas peculiaridades e as distintas probas que o compoñen. 

O vindeiro venres realizaremos unha sesión práctica na praia de Sada.

Clica na imaxe para ver as fotos

Deseño 3D

 


O alumnado de 6º estivo esta mañá a traballar sobre corpos xeométricos, arquitectura, matemáticas... da man de Montse, aprendendo a manexar un programa de deseño 3d chamado Tinkercad, co que realizamos varias tarefas prácticas e construimos o Museo Maside.

Non foi tarefa doada pero acadamos bós resultados finais (cun chisco de axuda, claro).



miércoles, 24 de mayo de 2023

A noticia: Empregando Padlet

 


Hoxe aprendemos a empregar unha nova ferramenta dixital para crear a nosas investigacións, presentacións, esquemas... 

Co obxectivo de traballar a noticia, cada neno/a de 6º creou a súa cortiza virtual engadindo o nome de cada parte desta tipoloxía textual, a súa definición e unha imaxe que a identificase. 

Aquí vos deixamos os resultados. 



Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

martes, 16 de mayo de 2023

Festival Letras Galegas (Ai mamasiña que medo)



A entrada de hoxe no noso blogue non pode comezar doutro xeito...

NORABOA!!!!!

Normalmente escribo as entradas dende un punto de vista xeral e colectivo, pero nesta ocasión, preciso facelo a título persoal xa que hoxe o alumnado de 6º permitiume ver un grupo unido, colaborador, cheo de enerxía, ganas e arte por cada costado. 

Cando tomamos a decisión de facer unha obra teatral non sabiamos como ía a sair xa que non é tarefa doada e require de moito tempo, adicación, memorización, ensaio... pero dende logo síntome moi moi orgullosa de todos e todas vós.

Fixéchedes un traballo incríble, non hai palabras que poidan describir a emoción de ver como o escenario quedaba pequeno ao voso carón.

Bravo, Bravo e Bravo!!


Grupo teatral "Os toxiños"


Os nosos tolos poetas


As incríbles e diversas bruxas


Os nosos paisanos e paisanas


Morcego, Xuvenco, Ocus Listus e Ramiriño.


E non pode quedar sen facer unha mención especial aos presentadores desta edición. Ariana, Asier... moi bo traballo. 


E para que poidades voltar disfrutar da súa posta en escea... na seguinte imaxe encontraredes aceso a vídeos e máis fotografías do espectáculo.

Luces, cámara e... Acción.

16/05/2023 ANIVERSARIO SILVIA


 

viernes, 12 de mayo de 2023

Parkour


 Sesión de E. Física diferente. Tocou parkour e os cativos e cativas de 6º disfrutaron sen dúbida da experiencia.


Tiveron a oportunidade de probar distintas estratexias de parkour facendo uso de materiais deportivos diversos.

Podedes ver no seguinte enlace vídeos da súa xornada.

Despedida J. Luis

 



Chegounos de súpeto unha noticia que non esperabamos. 

O noso compañeiro José Luis deixa a nosa escola.

Todo sucedeu tan rápido que non tivemos oportunidade de despedilo como merece pero fixemos todo o posible e con todo corazón. 

Non foi doado e custounos dicir ata pronto.

Desexámoslle toda a sorte do mundo e esperamos voltar a velo en moitas ocasións. 

As amizades non entenden de distancias. 




martes, 9 de mayo de 2023

Visita CIEC (Reserva da Biosfera)


 Hoxe co obxectivo de dar continuidade ao noso proxecto trimestral de arte baseado na arquitectura, tivemos a oportunidade de visitar o centro internacional de estampa contemporánea en Betanzos, da man da Reserva da Biosfera.

Alí aprendemos sobre as distintas posibilidades que os artistas teñen para crear obras incríbles a través da técnica de estampación.

Asemade comprendemos que os erros non existen neste ámbito, as gomas non funciona e así, o que consideramos "incorrecto" convírtese na oportunidade de transformalo en algo aínda mellor do que estaba previsto. 

Os nenos e nenas de 6º empregaron ferramentas específicas para realizar nunha placa metálica o debuxo en relevo de diferentes edificios significativos da nosa localidade: Museo Maside, Omix de Sada, Pazo de Meirás... para posteriormente estampar a súa obra en papel.


Un posado antes de comezar o traballo. 


Facendo os nosos grabados


Proceso de entintado


Estampación


Exemplo de resultado final


Se queredes disfrutar de máis fotos da xornada, facede clic sobre a imaxe seguinte.




miércoles, 3 de mayo de 2023

Día Contra o Acoso Escolar: Charla Fundación Cola Cao

 


Con motivo de conmemorar e dar visibilidade ao acoso escolar o alumnado de 4º e 6º de primaria recibiu no día de hoxe unha charla con xogo interactivo moi especial.

Dende a Fundación Cola Cao, recibimos a Manuel Otero que con un sorriso permanente achegou aos rapaces e rapazas á solución contra o acoso escolar.

Comprendemos cales son os sinais de alerta, como debemos actuar... 

Aceptamos que cada un de nós é único/a con moito orgullo e que TODOS XUNTOS SOMOS MÁIS. 


Grazas Manuel, unha aprendizaxe máis para un futuro mellor. 




Para máis fotos da actividade facer clic sobre a seguinte imaxe.