viernes, 31 de marzo de 2023

Ce, Orquestra Pantasma


No día de hoxe, para dar fin a este trimestre, gozamos na Casa da Cultura do espectáculo "Animaladas" grazas a Ce, Orquestra Pantasma.

Foi unha sesión moi intesa, nada de meros espectadores: bailamos, cantamos, rimos, subimos ao escenario, os mestres/as tamén tiveron que subir, fomos coreógrafos... e o mellor de todo, todos e todas xuntos, sen importar a nosa idade, aula...

Canta falta nos facían xa este tipo de leiras colectivas cos nosos compañeiros e compañeiras.


Mirade o que lles fan facer, e non protestan 😆 




E para que poidades ver o espectáculo en todo o seu esplendor, aquí tedes moitas máis fotos e vídeos.




jueves, 30 de marzo de 2023

Cre-Arte Escultura




Chegou a fin do segundo trimestre e con él a nosa segunda exposición do proxecto anual Cre-Arte.

Estos meses estivemos a traballar sobre a escultura e a tarefa non foi doada, pero penso, aprendemos moito e fixemos un bo traballo.  

 




Se facedes clic sobre as seguintes imaxes poderedes ver as fotos de todo o noso traballo e de todas as exposicións realizadas por cada curso da nosa escola. 


     

lunes, 27 de marzo de 2023

O IMposible (Posible)






Hoxe na hora de lectura disfrutamos dunha exposición moi especial.

As nosas compañeiras Lola e Julia, xunto con Gabriela de 5º EP, explícaronos o proceso a seguir para elaborar a escultura titulada o Im-Posible Posible que foi creada para dar solución a pequenos conflictos de convivencia que se deran entre elas.

Fixeron un traballo incríble e amosaron que xuntos a vida é mellor e que se un cae o resto tamén.

Noraboa!




 

viernes, 24 de marzo de 2023

Premio Galego para a Educación e o Desenvolvemento

 

Hoxe foi un día moi especial. Viaxamos a Santiago de Compostela representando á nosa escola para recoller un premio pola labor realizada o pasado curso a través do proxecto Ama con Corazón. 

Foi unha experiencia moi agradable, chea de emoción, orgullo e risas. 

Os nosos cativos e cativas tiveron un comportamento exemplar durante toda a gala e a súa intervención foi merecidamente aplaudida.



Dende este blog agradecer especialmente a Javi e Sofía a súa participación, actitude, comportamento. Estamos moi orgullosos.


Máis fotos facendo clic sobre a seguinte imaxe:




Tarabelo nas Ondas

 

Nova entrega do Tarabelo nas Ondas elaborado e dirixido polo alumnado de 6º de Primaria en colaboración cos nenos e nenas de 6º EI.

Agardamos vos guste.

Facede clic nesta radio e escoitaredes o noso programa.


miércoles, 22 de marzo de 2023

Plan Director Convivencia: Acoso Escolar


 Os nenos e nenas de 6º EP tiveron hoxe unha charla moi importante a través do Plan Director de Convivencia, da man de Iván, garda civil que con moita claridade abordou un tema tan complicado como o Acoso Escolar.

Estamos moi agradecidos por axudar aos nosos cativos e cativas a identificar esta situación, comprendela e contar con estratexias para evitala. 



Algunha fotiños máis facendo clic na imaxe seguinte:

martes, 21 de marzo de 2023

Tarabelo nas ondas



Unha nova entrega do noso programa de radio guionizado e gravado polo alumnado de 6º EP coa colaboración dos nenos e nenas de 6º de EI.

Con motivo do noso proxecto Cre-Arte e a dedicación deste trimestre á escultura, decidimos trasladar a toda a nosa escola uns aspectos básicos e a nosa propia experiencia.

Agardamos vos resulte de interese. 


miércoles, 15 de marzo de 2023

Suso Cubeiro : Arte Natural (Reserva da Biosfera)

 


Os nenos e nenas de 6º aprenderon da man de Suso Cubeiro (ilustrador galego) sinxelos trucos para acadar debuxos más expresivos.

Poidemos desfrutar das súas obras realistas en acuarela e lapis: paxaros, árbores, animais do bosque... e coñecer múltiples lendas asociadas aos seus protagonistas.

Asemade aprendimos sobre a diversidade animal e vexetal da nosa terra.

Quedamos abraiados coa habilidade de Suso para, en pouco tempo, crear fermosas obras que semellan fotografías.



Se facedes clic sobre a imaxe anterior podedes aceder ao álbum completo con estas e algunha foto máis para ver ben de cerca. 


XORNADA DEPORTE ADAPTADO (ENKI)

 


Hoxe foi un día de experiencias incríbles. 

Tivemos a oportunidade de coñecer a Ángel López, presidente de ENKI e deportista de élite.

A través das súas palabras puidemos coñecer a realidade de cinco deportistas con discapacidade e a súa historia de superación.

Quedamos abraiados coas súas capacidades e os valores de empatía, igualdade que nos transmitiu.

Esta xornada de sensibilización é unha marabillosa oportunidade para que as xeneracións do futuro convirtan o noso mundo nun lugar mellor, no que os límites e barreiras sexan os menos posibles. 

Grazas Ángel, grazas ENKI pola vosa aportación á nosa educación e desenvolvemento como persoas.



miércoles, 8 de marzo de 2023

Cre-Arte: Maestro da escultura

 


HOXE ALGÚNS NENOS E NENAS DE 6º TRANSFORMÁRONSE EN MAESTROS DA ESCULTURA E ESTIVERON CO ALUMNADO DE 4º DE EI CONSTRUÍNDO FERMOSAS PRODUCIÓNS EN BARRO.

UNHA SESIÓN DE CONVIVENCIA MOI AGRADABLE CON RESULTADOS SORPRENDENTES.


8 M DÍA DA MULLER

 


Hoxe na nosa escola conmemoramos o día da muller cun acto colectivo cheo de reivindicación por e para a igualdade. 

Os nosos nenos e nenas de 6º foron os encargados de ler un manifesto dende a responsabilidade, agarimo e comprensión á esta data. 

Houbo fermosas homenaxes que solo nós entenderemos.

Grazas nenos e nenas de 6º por amosar ao mundo como pode chegar a ser se todos e todas sumamos. 



jueves, 2 de marzo de 2023

Visita Manuel Silva

 


Hoxe tivemos a oportunidade de coñecer a Manuel Silva, veciño da nosa localidade e artista local, aínda que él non considera arte ningunha da súas obras, pero nós valoramos as súas producións e disfrutamos moito da nosa conversa con él. 


Manuel Silva é un ex-traballador da construción que na actualidade adica o seu tempo a realización de maquetas de edificios emblemáticos: a terraza de Sada, a torre Eiffel, hórreos galegos e asturianos... 


Algunhas destas fermosas maquetas están visibles no xardín da súa vivenda, e os nosos cativos e cativas, foron convidados á visitalas.

Sen dúbida, faremos o posible por voltar a ver a Manuel e finalizar a nosa entrevista para o Tarabelo nas ondas. 

Unha experiencia fermosa e chea de agarimo como podedes apreciar nesta fotografías. 




miércoles, 1 de marzo de 2023

AUTOESTIMA TEI

 


Hoxe tocou falar da Autoestima. Realizamos unha actividade TEI na que aprendemos sobre situacións que afectan ao noso sentir propio, tanto no sentido negativo como no positivo.

Tratamos de situar a nosa propia autoestima nunha escala e buscar accións que nos axuden a que sexa sá e nos permita vivir en armonía con nós memos e os demáis. 

Conceptos difíciles pero pouco a pouco avanzando no camiño.