viernes, 19 de junio de 2020

Un grupo estupendo!!

Neste extraordinario último día de colexio, no que despedimos o alumnado de 6º curso de primaria, gustaríame ter unhas palabras de agradecemento, en primeiro lugar, para as familias, pola súa colaboración, participación e comportamento exemplar durante estes dous anos que compartimos xuntos.
En segundo lugar para os  alumnos e alumnas que, como xa lles dixen en moitas ocasións durante estes dous anos, foron e son ENCANTADORES!! Foi unha gran sorte para min traballar con eles e saber que na aula esperaban cada día alumnos traballadores, participativos, con ilusión, con ganas de aprender…
Gustaríame, por último, agradecer a colaboración de Miguel, non so na elaboración deste vídeo, senon no seu apoio e implicación nas actividades da Reserva da Biosfera levadas a cabo co grupo.
En nome de todo o equipo docente GRAZAS A TOD@S, sodes un grupo moi especial. Desexámosvos moi bo verán e que vos vaia moi ben nesta nova etapa.

martes, 16 de junio de 2020

domingo, 14 de junio de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 15 DE XUÑO

O moucho da dereita parece que está a mandar. Debe de ter aínda máis tarefas...pero se xa estamos na útima semana de cole! Puuuffff...canto traballiño!!


jueves, 11 de junio de 2020

miércoles, 10 de junio de 2020

AS NOSAS PÁXINAS NO XORNAL "LETRAS LETRIÑAS"

Xa está publicado o xornal  escolar  "Letras Letriñas" deste curso. A nosa aula ten dúas páxinas que podedes ver se picades nas imaxes:
Se clicades na seguinte imaxe podedes ver o xornal completo:

domingo, 7 de junio de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 8 DE XUÑO

Achégase o final do curso, xa queda pouquiño!
Nesta semana do 8 de xuño faremos algunhas actividades que espero sexan entretidas.
A próxima semana haberá algunha sorpresa. Ánimo que logo chega!


jueves, 4 de junio de 2020

MULLERES GALEGAS

A nosa última aportación ó Proxecto de Igualdade do centro consistiu en investigar sobre varias mulleres  galegas. Esperamos que vos guste!