viernes, 29 de octubre de 2021

Magosto e Samaín

É tempo de castañas, cabazas e por suposto...día de celebración no cole!
Clicando na imaxe pódense ver algúns dos terroríficos disfraces.


jueves, 28 de octubre de 2021

Volta á biblioteca!

Hoxe puidemos visitar a biblioteca, onde Noelia nos explicou as normas xerais da mesma: uso e préstamo de libros, permanencia nela... Contounos, tamén,  unha fermosa historia relacionada co consumo responsable e, finalmente, levamos os primeiros libros. Tiñamos moitas ganas de tocalos, ollalos e levalos. 

A partir do día 2 de novembro estará aberta para todos. Poderemos acudir a ela  os xoves, coa titora, e os todos os martes que nos apeteza, na hora de recreo.

Preme na imaxe para ver outras.




sábado, 23 de octubre de 2021

Imaxes e vídeo da ruta da Moa e o Pan

Por fin puidemos facer a ruta da Moa e o Pan que quedara aprazada do curso pasado.

Esta actividade forma parte do Programa educativo da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Acompañáronnos Ignacio, técnico da Reserva, e Miguel que foi o noso profesor e nos dera unha charla sobre os muíños e o pan no mes de maio.

A ruta foi guiada por Fran, de Compás Proxectos de Animación Sociocultural e Turística, que nos explicou a importancia da auga; o patrimonio que hai no río Pelamios e Betanzos; a cultura do pan; e o coidado do entorno.

Clica na imaxe para ver as fotos da ruta



lunes, 18 de octubre de 2021

Programa educativo da Reserva da Biosfera: Ruta da Moa e o Pan

O venres 22 de outubro temos previsto realizar a Ruta da Moa e o Pan, una actividade do Programa educativo da Reserva da Biosfera que, debido ao mal tempo, tiveramos que aprazar o curso pasado. 

O percorrido desta ruta transcorre polo concello de Betanzos.

Clica para ver a circular informativa desta saída.

Neste mapa pódese ver información e imaxes dalgúns dos puntos de interese da ruta.

viernes, 15 de octubre de 2021

Achégate ó Consumo Reponsable!!


Ollade os nosos anuncios e premede neles se queredes escoitar información relacionada co Consumo responsable, que dá nome ó proxecto de centro deste ano. O alumnado de 5º e 6º centrarémonos no sector téxtil.
Esperamos que vos gusten e vos axude a entender a necesidade de ser uns consumidores responsables.

  

 


 

                                                         






miércoles, 13 de octubre de 2021

!Emociónate!

 Durante la clase de valores hemos trabajado un poquito más sobre las emociones. En este caso, sobre las primarias y las secundarias.

        

  

  










martes, 5 de octubre de 2021

Presentamos "O Tarabelo nas ondas"

 Os alumnos de 6º tivemos o pracer que presentar o primeiro programa de "O Tarabelo nas ondas" deste curso. Nel introducimos o proxecto do centro titulado Consumo responsable

Pasámolo moi ben como protagonistas desta edición e esperamos que vos guste.

Podedes escoitalo clicando na imaxe



viernes, 1 de octubre de 2021

Arte e emocións

Durante os primeiros días estivemos traballando diferentes emocións. Empregamos a arte, a través de diversas audicións musicais e manifestacións plásticas, para facilitar a súa expresión. 

Clicando na imaxe pódense ver algúns dos traballos.