sábado, 23 de octubre de 2021

Imaxes e vídeo da ruta da Moa e o Pan

Por fin puidemos facer a ruta da Moa e o Pan que quedara aprazada do curso pasado.

Esta actividade forma parte do Programa educativo da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Acompañáronnos Ignacio, técnico da Reserva, e Miguel que foi o noso profesor e nos dera unha charla sobre os muíños e o pan no mes de maio.

A ruta foi guiada por Fran, de Compás Proxectos de Animación Sociocultural e Turística, que nos explicou a importancia da auga; o patrimonio que hai no río Pelamios e Betanzos; a cultura do pan; e o coidado do entorno.

Clica na imaxe para ver as fotos da ruta



No hay comentarios:

Publicar un comentario