Hoxe puidemos visitar a biblioteca, onde Noelia nos explicou as normas xerais da mesma: uso e préstamo de libros, permanencia nela... Contounos, tamén, unha fermosa historia relacionada co consumo responsable e, finalmente, levamos os primeiros libros. Tiñamos moitas ganas de tocalos, ollalos e levalos.
A partir do día 2 de novembro estará aberta para todos. Poderemos acudir a ela os xoves, coa titora, e os todos os martes que nos apeteza, na hora de recreo.
Preme na imaxe para ver outras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario