lunes, 23 de mayo de 2022

Abrindo a ventá do Taewkondo!



Grazas á A Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das federacións deportivas galegas e as agrupacións deportivas escolares, a través do programa XOGADE, poidemos gozar esta mañá da actividade "Coñece o meu club"; coa finalidade de que o alumnado coñeza os recursos deportivos dipoñibles na súa poboación.


Desta forma, poden atopar unha alternativa de ocupación para o seu tempo de lecer e fomentar a práctica da actividade física entre a poboación escolar coa finalidade de conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables.

Nas instalacións do Club Ateltismo Sada no Hotel Alda Sada Marina, o alumnado realizou unha sesión práctica e lúdica de TAEKWONDO da man dos técnicos do Club Taekwondo Sada

Se pinchades aquí podedes ver todas as imaxes da actividade





Moitas grazas por esta actividade ao Club Taekwondo Sada 



jueves, 5 de mayo de 2022

Iniciándonos en Pixton

 Estamos a gozar moito do noso descubrimento: un programa para crear cómics chamado Pixton.

Deixámosvos a nosa foto de aula ( temática), tedes moitas posibilidades:


Moi pronto, compartiremos os nosos cómics.... estanse cociñando......


Enlace a Pixton