viernes, 30 de abril de 2021

Recibimos a visita de Ignacio...

Onte xoves 29 de abril, tivemos nas nosas aulas a visita de Ignacio, técnico da asociación das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo - Reserva da Biosfera que nos explicou a contaminación por plásticos nos océanos. Estivemos moi atentos porque o tema foi moi moi interesante... Podes ver a galería cliqueando na seguinte foto...




martes, 20 de abril de 2021

Contacontos co gallo da Semana do libro

Hoxe tivemos un contacontos co gallo da Semana do libro. O contacontos, de Eduvia Xestión, a cargo de Patricia, gustounos moito. Aquí vos deixamos unhas fotos. 

Clica na imaxe para ver a galería de 6ºA...


Clica na imaxe para ver a galería de 6ºB...




lunes, 19 de abril de 2021

Comezamos cunha nova etapa no Tarabelo! Nós somos creadores!

 

Bo día a todos e a todas! Non vos perdades o próximo Tarabelo nas Ondas porque neste trimestre nós, os de sextos, imos ser os encargados deste proxecto tan apaixonante.

De un xeito alternativo, os compañeiros de sexto A e os de sexto B, imos traballar nos programas as datas e os temas máis interesantes. Falaremos da semana do libro, dos aniversarios, do tempo, entrevistaremos personaxes, e máis sorpresas que non podemos revelar...

Lembrade que poderedes escoitar O Tarabelo nas ondas as veces que queirades na seguinte ligazón: https://otarabelosadaysuscontornos.blogspot.com

Esperemos que o escoitedes con atención porque esforzámonos moito!