martes, 27 de octubre de 2020

Un novo curso, ben diferente. Reunión pais/nais 6º B



Queridas familias: Como xa vos adiante vía mail, deixovos o enlace ao documento empregado durante a reunión inicial que tivemos. O obxectivo é que aquelas familias que non puideron acudir, dispoñan da información abordada.

Facendo clic sobre a imaxe, descagaredes o pdf. 

Un saúdo. 



viernes, 19 de junio de 2020

Un grupo estupendo!!

Neste extraordinario último día de colexio, no que despedimos o alumnado de 6º curso de primaria, gustaríame ter unhas palabras de agradecemento, en primeiro lugar, para as familias, pola súa colaboración, participación e comportamento exemplar durante estes dous anos que compartimos xuntos.
En segundo lugar para os  alumnos e alumnas que, como xa lles dixen en moitas ocasións durante estes dous anos, foron e son ENCANTADORES!! Foi unha gran sorte para min traballar con eles e saber que na aula esperaban cada día alumnos traballadores, participativos, con ilusión, con ganas de aprender…
Gustaríame, por último, agradecer a colaboración de Miguel, non so na elaboración deste vídeo, senon no seu apoio e implicación nas actividades da Reserva da Biosfera levadas a cabo co grupo.
En nome de todo o equipo docente GRAZAS A TOD@S, sodes un grupo moi especial. Desexámosvos moi bo verán e que vos vaia moi ben nesta nova etapa.

martes, 16 de junio de 2020

domingo, 14 de junio de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 15 DE XUÑO

O moucho da dereita parece que está a mandar. Debe de ter aínda máis tarefas...pero se xa estamos na útima semana de cole! Puuuffff...canto traballiño!!


jueves, 11 de junio de 2020

miércoles, 10 de junio de 2020

AS NOSAS PÁXINAS NO XORNAL "LETRAS LETRIÑAS"

Xa está publicado o xornal  escolar  "Letras Letriñas" deste curso. A nosa aula ten dúas páxinas que podedes ver se picades nas imaxes:
Se clicades na seguinte imaxe podedes ver o xornal completo:

domingo, 7 de junio de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 8 DE XUÑO

Achégase o final do curso, xa queda pouquiño!
Nesta semana do 8 de xuño faremos algunhas actividades que espero sexan entretidas.
A próxima semana haberá algunha sorpresa. Ánimo que logo chega!


jueves, 4 de junio de 2020

MULLERES GALEGAS

A nosa última aportación ó Proxecto de Igualdade do centro consistiu en investigar sobre varias mulleres  galegas. Esperamos que vos guste!

domingo, 31 de mayo de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 1 DE XUÑO

Xa chegou o mes de xuño. Un mes luminoso que anticipa o verán. Un mes que inspira as mellores poesías e con elas imos traballar esta semana. Disfrutádea!

jueves, 28 de mayo de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

Este ano  cada un de nós elaborou o seu propio mural adicado ó autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Clicade na imaxe e veredes que chulos quedaron!

https://drive.google.com/file/d/12XMrNKA22gDOHcScKgODOgfc0PqIJdYa/view?usp=sharing


domingo, 24 de mayo de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 25 DE MAIO

A partir de mañá teredes acceso ó Plan de Traballo para a semana do 25 de maio.
As mulleres galegas serán protagonistas dunha das actividades.
Ánimo, rapaces, que xa logo chega o mes de xuño!


viernes, 22 de mayo de 2020

MULLERES CIENTÍFICAS

Buscamos información sobre mulleres científicas ao longo da Historia e elaboramos cómics contando o importante labor que levaron a cabo.
Clicando na imaxe podedes ver os cómics que fixemos.



domingo, 17 de mayo de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 18 DE MAIO

Esta semana coñeceremos un pouco mellor ao autor homenaxeado polo Día das Letras galegas: Ricardo Carvalho Calero.

Déixovos un enlace a unha canción relacionada con un dos seus traballos.

miércoles, 13 de mayo de 2020

VALORES: ¿Cómo podemos cambiar el mundo?

En esta actividad de Valores visualizamos un pequeño vídeo "El mundo está cambiando" y pusimos nuestras reflexiones de cómo podemos cambiar nuestra sociedad y ayudarnos los unos a los otros.



viernes, 8 de mayo de 2020

ILUSTRACIÓN DA NATUREZA. PROGRAMA EDUCATIVO DA RESERVA DA BIOSFERA.

O ilustrador Suso Cubeiro fixo varios vídeos explicando distintas técnicas para aprender a debuxar diversos elementos que podemos atopar na Natureza.
Esta actividade forma parte do Programa educativo da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Debuxamos flores, paxaros e carballos. Se queres ver os debuxos clica nas imaxes.

  https://photos.app.goo.gl/qhNhtQBMkJd2EwvL7

lunes, 4 de mayo de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 5 DE MAIO

Mañá martes empezaremos coas actividades da semana do 5 de maio. Coas tarefas recibiredes a temporalización que debedes tratar de respectar.
Maio é un mes moi luminoso e florido  e, agora que xa podedes saír a pasear, seguro que o disfrutades máis.
Que teñades moi boa semana!


jueves, 30 de abril de 2020

PASATEMPOS E ENREDOS

Chega unha longa fin de semana e con ela, cada día, unha sorpresa. Estade atentos!
Ademais o domingo é o Día da Nai.


PLÁSTICA: OS NOSOS COLLAGES

Utilizando a técnica do collage fixemos uns bonitos debuxos decorados con distintos materiais.
Se clicas na imaxe podes velos.

martes, 28 de abril de 2020

VALORES: COOPERAMOS



Después de una sencilla actividad realizada en valores, os dejamos nuestras reflexiones sobre algo que es importante tener en cuenta siempre, pero más en la situación actual que estamos viviendo.



domingo, 26 de abril de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 27 DE ABRIL

Mañá luns, 27 de abril,  empezaredes a recibir a través do voso correo as  tarefas da semana.
Tamén iredes recibindo a temporalización que deberedes intentar respectar.


domingo, 19 de abril de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 20 DE ABRIL

A partir de mañá, luns, iredes recibindo a través do voso correo as  tarefas para esta semana. 
Coma sempre, fixádevos na temporalización e intentade respectala.


martes, 14 de abril de 2020

ROSA CONTRA EL VIRUS

Estamos na primavera, e na entrada anterior aparecía un poema de Manuel María que nos falaba das rosas.
Clicando na imaxe podedes ler un conto que nos fala dunha nena que se chama Rosa. Rosa é unha sonrinte nena con dúas pequenas coletas e un chamativo xersei vermello, ademais da protagonista dun conto da editorial Sentir e o Colexio Oficial da Psicoloxía (COP) de Madrid para explicar aos nenos e nenas que é o coronavirus e por que é preciso quedarse na casa.


lunes, 13 de abril de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 14 DE ABRIL

A partir de mañá, martes, iredes recibindo a través do voso correo as  tarefas para esta semana. 
Coma sempre, fixádevos na temporalización e intentade respectala.
Despois destas merecidas vacacións toca traballar no que xa é o último trimestre.
Moito ánimo a tod@s!


viernes, 3 de abril de 2020

SEMANA SANTA

Durante o período de vacacións de Semana Santa, do 6 ao 13 de abril, podedes entretervos cunha recopilación de recursos que preparou o colexio e aos que podedes acceder desde a páxina web ou clicando na imaxe.
Son actividades voluntarias, pero que seguro vos gustará ver e facer.
Lembrade de ler un pouco tódolos días.

DESCRIPCIÓN DE UN LUGAR: ESPACIOS DE LA RESERVA DE LA BIOSFERA


En esta actividad de Lengua Castellana realizamos la descripción de algunos lugares de la Reserva de la Biosfera Mariñas Coruñesas y Tierras del Mandeo.
Picando en cada una de las imágenes y en los enlaces podreis ver nuestros trabajos.

 El faro de Mera


martes, 31 de marzo de 2020

Vamos saír adiante

Estamos vivindo un momento difícil. Pero estamos seguros de que pasará e saberemos superalo. Debemos animarnos e tratar de animar e apoiar aos demais.
En Valores fixemos un mural coas nosas mensaxes de ánimo.

lunes, 30 de marzo de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA 30 DE MARZO

Xa está listo o Plan de Traballo para a semana do 30 de marzo.
Ó igual que a semana pasada, iredes recibindo, a través do voso correo electrónico, as distintas tarefas da semana.
Fixádevos na temporalización  e intentade respectala.

Ánimo que so queda unha semaniña!!

Relacionado co traballo desta semana, aquí vos deixo esta imaxe:

sábado, 28 de marzo de 2020

PASATEMPOS E ENREDOS

Esta semana traballastes moito e ben!!
Agora para divertirse se queredes tedes tarefas para pasar o tempo.
Tedes en Classroom unha divertida proposta de pasatempos.
E para a semana haberá máis.


lunes, 23 de marzo de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 23 DE MARZO

Xa está listo o Plan de Traballo para a semana do 23 de marzo. En breve iredes recibindo, a través do correo electrónico, as tarefas para a semana.
Lembrade que é importante respectar a temporalización que se propón, ir realizando as tarefas día a día.
Visualizade o seguinte vídeo, está relacionado con algunha das actividades que faremos:


Os contidos e tarefas estarán dispoñibles a través das seguintes plataformas:

lunes, 16 de marzo de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 16 DE MARZO

Aquí tedes un resumo do Plan de Traballo para a semana do 16 de marzo de 2020.
As notificacións dos contidos e actividades recibirédelas a través do correo electrónico e realizaranse a través de Classroom e Aula Planeta.
Pica na imaxe para acceder ao plan semanal.

domingo, 15 de marzo de 2020

PLAN DE TRABALLO POLA SUSPENSIÓN DAS CLASES


Aínda que estamos nunha situación que non nos permite vernos día a día no colexio, seguiremos traballando telematicamente. A través do correo electrónico seguiremos comunicándonos.
Traballaremos de xeito moi parecido a como xa o viñamos facendo na aula nestes dous últimos cursos: utilizando Aulaplaneta, Google Apps (blogue, Drive,...) e a Aula Virtual de Santillana.
Para facilitarvos o traballo empregaremos Google Classroom e así visualizaredes mellor os contidos e tarefas. Recibiredes no correo electrónico de sadaycontornos.es unha invitación para unirse ás clases e tarefas que eu comparta con todos vós. Accedendo a través de Classroom xa poderedes visualizar o contido e realizar as tarefas propostas.
En principio compartirei un plan de traballo semanal pero que deberedes realizar temporalizado día a día, tal e como se vos especifica.
Seguro que esta situación rematará axiña e logo poderemos vernos e seguir compartindo as clases no colexio. Ánimo a todos!


domingo, 8 de marzo de 2020

Mulleres de Sada: a nosa profesora Mª Luisa Ricoy

No pleno infantil que se celebrou no mes de decembro, unha das propostas dos nenos e nenas do noso curso foi: "Facer un recoñecemento anual dunha muller de Sada polo seu labor, por exemplo: no ensino, na medicina, na axuda aos demais…".
O Concello de Sada recolleu a nosa proposta e elixiu recoñecer o labor da que foi profesora do noso colexio Mª Luisa Ricoy Lamas.
Na web do Concello abriuse un apartado dedicado ás "Mulleres de Sada" e nese espazo figura Luisa. Os xornais recolleron esta importante nova en Sada:
La Opinión.
La Voz de Galicia.
Luisa xubilouse a finais do curso pasado e nós lembrámola con moito agarimo. Segue vindo polo colexio e ata ten un cromo no álbum de cromos do proxecto de igualde que estamos realizando neste curso.
A súa pegada permanecerá para sempre no noso colexio.
Recollimos algunhas imaxes dela nun pequeno álbum de fotos.
Para ver as fotos pica na imaxe

sábado, 22 de febrero de 2020

Entroido: Homes e mulleres do mar en loita pola igualdade

Érase unha vez unha vila chamada Sada na que homes e mulleres, todos vivindo do mar, enfadábanse e discutían moito entre eles.
Non sabían moi ben por que ata que un día descubriron que era  o malvado tiburón o que o provocaba. Entón decidiron unirse para acabar con el.
Dende ese día fan este baile onde o mariñeiro que leva a bandeira representa que venceu a Igualdade entre os homes e as mulleres.
Para ver fotos do Entroido de 6º de Primaria pica na imaxe:


sábado, 15 de febrero de 2020

Contos clásicos pola igualdade

Dentro do proxecto no que estamos participando neste curso, reescribimos o conto da Cincenta desde unha perspectiva de igualdade.
As ilustracións dos contos son litografías que fixemos na nosa vsista ao Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) de Betanzos.

jueves, 13 de febrero de 2020

Actividade no CIEC do Programa Educativo da Reserva da Biosfera

O 10 de febreiro fomos ao Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos a realizar unhas litografías para ilustrar a actividade "Contos clásicos pola igualdade" que estamos facendo dentro do proxecto de igualdade no noso colexio.
A visita ao CIEC gustounos moito e pasámolo moi ben facendo as litografías.
Esta actividade forma parte do Programa educativo da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo.


domingo, 9 de febrero de 2020

MULLERES DE PAZ

A continuación podedes ver as entrevistas que realizamos a mulleres que contribúen ou contribuíron a ter un mundo mellor.
Esperamos que vos gusten!!
Picando nas imaxes podes ler as entrevistas

   Clara Campoamor                           Rosa Parks                        Berta Cáceres           
         

jueves, 30 de enero de 2020

TRABALLAMOS DURO, MAIS...

PASÁMOLO XENIAL!!!
Hoxe participamos como colaboradores na organización dos xogos cooperativos. Acabamos cansos,  pero pasámolo moi moi ben!!
Aí quedan unhas imaxes para lembrar este estupendo día.

domingo, 19 de enero de 2020

BOA VIAXE, CARLOTA!!

O venres despedimos a nosa compañeira Carlota, que estivo con nós uns meses. Desexámoslle o mellor na súa volta a EEUU!!

viernes, 10 de enero de 2020

SAÍDA Á DOMUS

Hoxe rematamos a semana cunha visita ó museo coruñés da "Domus". Dixéronnos que a primeria planta foi renovada o verán pasado, así que para nós era nova. Alí puidemos aprender e divertirnos interactuando coas novas instalacións.
Pasámolo xenial!!
https://photos.app.goo.gl/euZxvtWDdmzbpwFQ6
Pinchando na imaxe podedes ver as fotos.