jueves, 21 de diciembre de 2023

Nadal 2023

 Hoxe foi un día especial no que despedimos, moi elegantes e coas tradicionais badaladas, o ano 2023. Tomamos chocolate con churros; realizamos manualidades; e cantamos un pouquiño.

Premendo na imaxe accédese a outras da xornada.


Días previos coa elaboración de adornos e  postais:



    





martes, 19 de diciembre de 2023

A biografía

 En lingua castelá traballamos a biografía de persoas que comparten os nosos países de orixe, relacionándoo, deste xeito, co proxecto "Sadabona".


lunes, 18 de diciembre de 2023

Sadabona 1º trimestre

Para dar continuidade ó noso traballo inicial de investigación sobre as nosas raíces, realizamos unha actividade plástica que formou parte da exposición colectiva da nosa escola. 

Buscamos información relacionada con: linguas, tradicións, paisaxes, gastronomía...
   


Seleccionamos imaxes e realizamos a parte plástica

     

 
Contribuímos á exposición colectiva e visitámola

Escola Benquerer

 

Tal e como se recolle na concreción curricular  do noso centro, o alumnado do 3º ciclo participa no programa da Escola do Benquerer para desenvolver aspectos relacionados coa saúde afectivo-sexual.
Neste primeiro trimestre coa actividade denominada “A máquina do tempo” coñecemos e comprendemos os cambios propios da puberdade.






miércoles, 6 de diciembre de 2023

Carreira Enki

 O pasado 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional das persoas con discapacidade. No noso centro realizamos a carreira Enki para sensibilizarnos e tomar conciencia desta realidade. Este ano, ademais de participar, o alumnado de sexto, colaboramos na organización do evento. (Preme nas imaxes para acceder as fotografías)

Unha vez claras as instrucións, comezan os preparativos.


Colocamos dorsais...



Listos para participar!!