miércoles, 30 de marzo de 2022

Obradoiro Rosalía de Castro

 Bo día! Nunca esquecemos a Rosalía de Castro, gran referente para nós. 

A Asociación de Escritoras e Escritores  en Lingua Galega (AELG), co obxecto de que se  manteña ese gran tesouro, ferramenta de futuro, que é o noso idioma, está a levar a cabo  unha campaña para dar a coñecer e dinamizar a figura de Rosalía de Castro, co gallo da  celebración do Día de Rosalía 2022. 

A través da colaboración coa Deputación da Coruña organizan a realización de obradoiros impartidos por distintos escritores/as nos centros educativos.  

Estes obradoiros, non só queren achegar a figura da poeta e narradora galega, máis tamén diversas formas de coñecela. A través da música, da súa faceta narrativa, dunha procura misteriosa,... as propostas son do máis diversas e entretidas para o alumnado, así  como para coñecer aspectos da da obra e da propia Rosalía. 

Obradoiro Rosalía ( galería de fotos)

O cabaleiro das botas azuis estivo moi presente no día de hoxe para poder reflexionar sobre o mundo, os superpoderes, superheroes...



Que superpoder vos gustaría ter para cambiar o mundo?? Cal sería a vosa misión?









lunes, 28 de marzo de 2022

Dí Pataca con Dolores Caamaño

Hoxe visitounos Dolores, fundadora de Dí Pataca para falarnos do seu proxecto

Así mesmo, tivemos a sorte de coñecer e reflexionar sobre termos coma:

FAST FASHION

MODA SOSTIBLE

ALGODÓN ORGÁNICO VS NATURAL

O FUTURO MÁIS INMEDIATO DA PROBLEMÁTICA

O IMPACTO MEDIOAMBIENTAL DESTE PROBLEMA

O CONSUMO EXCESIVO DE AUGA PARA PRODUCIR ROUPA

TALLERES CLANDESTINOS

TINTES ILEGAIS

E TI??  Reflexionaches algunha vez sobre estos conceptos? Investiga e toma medidas para facer do teu mundo, un mundo mellor. 


Dolores Caamaño aconséllanos: 




 Accede ao enlace para ver máis: Fotos do obradoiro




martes, 8 de marzo de 2022

Fermosas e únicas coma folerpas ( Escola do Benquerer)


Somos todos e todas iguais? 

Observámonos, pensamos en como actuamos nós e como o fan os demais en situacións semallantes... cómo sentimos nós e como o fan os demais....
Reflexionamos  e intentamos dar resposta a todas estas cuestións que a actividade " Fermosas e únicas coma folerpas "  da nosa Escola do Benquerer virtual nos ofrece. 

 Preme para aprender a facer unha folerpa de papel cun vídeo tutorial 




Rematamos a sesión observando as nosas folerpas, que algunhas nin chegaron a ser folerpas... son todas diferentes pero bonitas e únicas porque cada un e cada unha as fixo coa mellor das intencións

Acabamos a sesión escribindo mensaxes positivos aos noso compañeiros e compañeiras 

COMO ME SINTO TRAS LER O QUE OS DEMAIS PENSAN DE MIN?
Hai algo que deba mudar ou mellorar para vivir máis felizmente en sociedade e en igualdade ?

E coma sempre na escola do Benquerer de 6º de Educación Primaria:

DEBATEMOS

 FALAMOS E REFLEXIONAMOS ATA EXTRAER CONCLUSIÓNS DOS PENSAMENTOS E SENTIMENTOS PROPIOS E DOS DEMAIS



 






















SER DIFERENTE É NORMALE SENÓN, MIRA O SEGUINTE VÍDEO!




8M 2022

 Co gallo do 8M o alumnado de 6º de Primaria, realizamos unhas entrevistas ficticias a persoeiras galegas referentes en diferentes ámbitos:

Fixémolo por parellas e deseñamos nós as entrevistas, un/unha era o entrevistador/a e a outra persoa a entrevistada. Ademais, os lugares das entrevistas foron do máis divertidos: a radio, a tele, os premios goya na alfombra vermella...

Gustounos moito representar as entrevistas e meternos na súa pel...





Agora xa sabemos máis sobre: