sábado, 21 de diciembre de 2019

Prazer em conhecer-te

Onte sorprendemos a Samuel cunha canción de Nadal na súa lingua e así despedímonos del no seu paso polo colexio.

NADAL EN SEXTO

O día 20 de decembro rematamos as clases e celebramos  a fin de ano dun xeito especial.
Se pinchades na imaxe poderedes ver as fotos da celebración na nosa aula.

lunes, 16 de diciembre de 2019

Mulleres deportistas: Susú Cores e Pilar Neira

Dúas mulleres deportistas visitaron o noso colexio: Susú Cores e Pilar Neira.
Contáronnos a súa experiencia no mundo do deporte, tradicionalmente masculino.
Conversamos con elas e preguntámoslles polas dificultades que tiveron para vencer os estereotipos existentes e como lograron superalos.
Susú Cores
   
Pilar Neira
https://photos.app.goo.gl/AgiUuj5e4wd2TNG16


jueves, 5 de diciembre de 2019

Participamos no pleno infantil do Concello de Sada


Os nenos e nenas de 6º curso participamos no Pleno Infantil do Concello de Sada xunto cos de 5º.
Cecilia presidiu a sesión e os concelleiros e concelleiras que representaron ao noso curso foron: Karla, Manuel, Martina, Roi, Samuel, Adrián, Cristina e Antía.
As propostas que elaboramos en 6º e presentamos no pleno foron:

RECOÑECEMENTO DE MULLERES DE SADA E A SÚA CONTORNA.
  1. Dar a coñecer os traballos máis comúns que realizaban antigamente as mulleres e os que fan na actualidade a través dun traballo expositivo e comparativo.
  2. Facer un recoñecemento anual dunha muller de Sada polo seu labor, por exemplo: no ensino, na medicina, na axuda aos demais…
  3. Poñer ás rúas nomes de mulleres importantes de Sada ou escribir no chan do porto de Sada, como xa hai algúns postos, os nomes e as mans de mulleres destacables en Sada.
  4. Organizar unha festa para as mulleres da vila e facer unha escultura na súa honra nun lugar da vila.
ACCESIBILIDADE, MOBILIDADE OU MELLORAS NA NOSA ESCOLA
  1. Colocar na entrada á biblioteca, dende o patio, unha rampla desmontable (de poñer e sacar) para facilitar a entrada ás persoas en cadeira de rodas.
  2. Dotar dalgún produto antideslizante o chan do ximnasio para evitar os  esvaramentos que se están a producir.
  3. Suprimir o  chanzo da entrada principal ao colexio (onde está a cancela de ferro). Habería que eliminar o actual desnivel entre a beirarrúa e a entrada ó centro. Este dificulta á entrada ás persoas en cadeira de rodas; con carriños de bebés etc..
  4. Reparación da beirarrúa da Avda. Sada y sus Contornos que dá acceso ó colexio, pola parte de arriba, e que se atopa en mal estado.
Clicando nas imaxes podedes ver as fotos e o vídeo do Pleno.


lunes, 2 de diciembre de 2019

Mural Matriarcas

Fixemos unha parte do mural da canción Matriarcas. Na nosa contribución ao mural representamos a estrofa que correspodeu a 6º de Primaria:
"Comezan as historias con homes encumados,
rematan sempre todas con mulleres que os salvaron,
da morte do intelecto, de insectos que os picaron,
de turbias lendas vellas que non queren nen lembrar."

Se clicades na imaxe podedes ver as fotos.
https://photos.app.goo.gl/XQJ5TC4Pw648N76y7


lunes, 25 de noviembre de 2019

A nosa aportación á conmemoración do 25 de Novembro

https://photos.app.goo.gl/VyarrkoBJRcseh1P6
Pinchando na foto podedes ver  outras imaxes
Comezamos a conmemoración cantando  a canción "Matriarcas" co resto de compañeiros do colexio. Despois colaboramos na elaboración da apócema en contra da violencia de xénero e, por último, brindamos e bebemos todos xuntos.

viernes, 22 de noviembre de 2019

25 de novembro: Cartas e correos contra a violencia de xénero


Con motivo do 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, os menos e nenas de 6º de Primaria escribimos cartas e correos.
Diriximos as nosas cartas aos agresores e ás vítimas e os correos ás administracións e ás persoas que son testemuñas destes actos e calan, sendo cómplices destas situacións.
As nosas cartas e correos están expostas en dous murais na aula e tamén podedes lelos nos seguintes enlaces:
Clica nas imaxes para ver as fotos
 https://photos.app.goo.gl/2Vsiuwa7gHrwkjsz7

jueves, 7 de noviembre de 2019

Mural Carmen López Cortón

A nosa clase colaborou nun mural sobre a vida de Carmen López Cortón elaborado por todas as aulas do colexio.
Carmen López Cortón formou parte da Escola Libre de Ensinanza e nós recollemos información sobre a orixe e historia desta institución.

martes, 29 de octubre de 2019

Mural sabias que?

A clase de 6º colaborou na elaboración do Mural sabias que? con noticias sobre igualdade, fenda salarial, acceso das mulleres á educación, dereito ao voto,...
Clicando nas imaxes podedes ver as imaxes do Mural sabias que?



lunes, 28 de octubre de 2019

...MÁIS LECTURITAS

Pinchando na imaxe atoparedes noticias relacionadas con: igualdade salarial e  profesional entre homes e mulleres.

LECTURITAS NOTICIAS


No noso noticieiro atoparedes temas relacionados co proxecto do centro Club de Letras.
Se pinchades na imaxe podedes ver os nosos traballos sobre: a igualdade nas tarefas do fogar; o dereito a voto da muller; e  a educación das nenas e dos nenos.

domingo, 13 de octubre de 2019

Igualdade e ciencias con STEM GIRL

O pasado xoves 10 de outubro continuamos promovendo a igualdade. Esta vez coa actividade denominada STEM GIRL, a través da cal puidemos comprobar que as ciencias son  tanto para os nenos como para as nenas.


https://photos.app.goo.gl/7YndZsmPvoRxKaYn8
Clicando na imaxe podedes ver en que consistiu este Obradoiro.

jueves, 3 de octubre de 2019

domingo, 9 de junio de 2019

lunes, 3 de junio de 2019

Agradecementos a Miguel na Gala da Biosfera pola súa traxectoria en prol da defensa da Natureza.



Luisa: Bos días a todos! Pedíronme que contara algo sobre a figura do noso director. Miguel é unha persoa de ben en tódolos ámbitos da súa vida e sen dúbida  é un defensor da Natureza. Non vou falar eu. Os rapaces queren dicir algo. Son verbas escritas dende o corazón.Grazas.


Irimia:Me lo he pasado genial en las actividades sobre la biosfera, y quiero agradecer a Miguel lo que se ha esforzado para que los alumnos de nuestro colegio respeten la fauna y la flora del lugar en el que vivimos, que sepan todo lo bonito que hay en Galicia, a lo que antes, no se le daba importancia.
                                                                           


Miguel:
Douche as gracias por: guiar o colexio desta forma tan singular, por ensinarnos a ter este cariño pola natureza.
Xa dende pequenos aprendimos algo, os tres r son unha de moitas.
Gracias por traernos esas charlas e actividades tan educativas carqa o medio ambiente.
Esperamos que estes orgulloso de todo o que fixemos.
Nunca olvidaremos o que nos ensinaches.
Uxìa.


Adrián: Miguel grazas por educarnos a respectar a natureza e facer actividades deste tipo. Se non fose por  ti non o farìamos.
Grazas por ser o noso director e o que importa
unha bellísima persoa.


Miguel, quería darche as grazas polo que me levas ensinado.
Sempre nos amosaches as virtudes da natureza
que nos rodea, a que temos o pé da casa
e descubrín prantas e animais que non vira.
Tódolos anos trouxeche expertos da
Reserva da Biosfera como Diego,
para que nos explicaran máis a fondo
o qué podemos atopar e o qué deberíamos protexer
da natureza.
Nelly.


Miguel, gracias por tu colaboración en el  programa de la biodiversidad. Hemos hecho muchas actividades muy chulas y eres un ejemplo para todos nosotros. Seguro que Diego está muy contento contigo por la atención que pones a la naturaleza. Creo que todo el trabajo que has hecho ha sido importante. Por ejemplo: plantar los carballos, las charlas…
Así que
GRACIAS                       

MATEO


MIGUEL, un profesor e director que, con un cole
tan pequeno fixo unha familia tan grande.
E, ademáis ensináchenos todo o
que puidéramos saber sobre as plantas
e os valores que necesitabamos.
FÉLIX.
MOITAS GRAZAS!!!


Gracias Miguel, por enseñarnos a mirar a nuestro alrededor y entender su significado, a caminar sin hacer daño, a comprender que "vuestro mundo será nuestro mundo".
Gracias Miguel, por tu incansable lucha por nuestra Biosfera.
Joahna.


Gracias,por todo me lo he pasado genial.He disfrutado muchísimo y sobre todo he aprendido a respetar y cuidar todo lo que nos rodea y eso es gracias a tí. Por todo el esfuerzo y las horas pensando en lo mejor para todos nosotros,gracias por guiarnos hacia un futuro mejor. Te echaremos de menos.


Valeria.

viernes, 3 de mayo de 2019

20190430 Os de 6º contan contos na Semana do Libro aos seus compañeiros de Infantil, 1º e 2º.

Os de 6º contaron contos na Semana do Libro aos seus compañeiros de Infantil, 1º e 2º e fixeron unhas tarxetas para animar a todos a convertirse en lectores. Grazas  a todos pola vosa participación nesta actividade que tanto gusta aos máis pequenos. Parabens!

" Un neno que le será un adulto que pensa"



20190502 Creación de instrumentos musicais: Pao de chuvia. 6º

Grazas Sara !

martes, 23 de abril de 2019

Maratón de contos na Biblioteca Municipal.Día do Libro.

O alumnado de 6º participou no Maratón de contos da biblioteca como relatores e os alumnos de 3º como receptores. Foi unha experiencia moi gratificante.Cando saímos recibimos cada un de nós un caravel vermello. Grazas a Iria da Biblioteca por invitarnos.

martes, 5 de febrero de 2019

Os alumnos de sexto poñen o seu tempo para compartir uns sorrisos con toda a comunidade educativa.

No Día da Paz escollimos cantar todo o colexio a mesma canción " Colores, colores".
Fala de igualdade, de convivencia, de compartir...Os nenos de 6º saben diso, son solidarios e participaron o curso pasado no TEI como titores, saben pensar nos demais e poñerse no seu lugar, o levan moi traballado.
Decidiron que como no teatrillo do Día da Paz falaban de que todos tivesen un sorriso, eles farían un sorriso para cada rapaz...e aí están...a parte das mandalas, do disco de Newton , onde comprobaron que as cores desaparecían ata converterse nun neutro, o branco...a parte de todo iso, fixeron 260 sorrisos, 12 cada un co seu correspondente desexo de Paz.Todos foron entregados no acto celebrado no patio.
Grazas polo voso esforzo, o voso tempo e por saber convivir tan ben.
Síntome moi orgullosa de vós. A mestra Luisa.