viernes, 10 de diciembre de 2021

HÁBITOS SAUDABLES

 A continuación dixámosvos estas presentacións nas que poderedes observar hábitos moi saudables para a nosa vida diaria.


viernes, 3 de diciembre de 2021

Día das persoas con discapacidade.

 Hoxe, 3 de decembro, conmemórase o Día das persoas con discapacidade. Na aula estivemos traballando a diversidade do ser humano e as distintas capacidades que cada un de nós temos.

Para iso visualizamos o seguinte conto e vídeo, que compartimos con todos vós. Premede nas imaxes para acceder ós vídeos:

   

Depois, indicamos nunha fermosa tarxeta unha das nosas capacidades persoais. A continuación pódense ver imaxes da actividade: 






martes, 30 de noviembre de 2021

Noticias de Betanzos y la ruta de A Moa e o Pan.

En clase hemos estado trabajando las noticias y hemos sido redactores por un tiempo. A continuación podéis encontrar información relacionada con la ruta realizada el pasado mes de octubre en Betanzos. Prestad atención, porque, como en toda noticia, siempre hay algo de ficción...



jueves, 25 de noviembre de 2021

25 N

Baixo o lema "Darlle a volta está nas nosas mans" conmemoramos o 25 N, Día Contra a Violencia de Xénero, en todo o centro. Premendo na imaxe pódese ver a nosa participación no mesmo.

miércoles, 24 de noviembre de 2021

Lectura colectiva "Plan de rescate"

Durante este primeiro trimestre traballamos no momento de lectura colectiva o libro titulado "Plan de rescate". Interesante obra que nos permitiu facer unha reflexión sobre a inclusión.

miércoles, 17 de noviembre de 2021

TEI

 Este curso, continuamos a participar no proxecto TEI. A pesar de estar dirixido a alumnado de 3º e 5º de primaria, dende o centro decidiuse darlle continuidade e así o fixemos. A continuación podedes ver algunhas  das actividades do primeiro trimestre.

Comezamos escribindo as cartas os nosos titorizados, que xa están en 4º. Premendo na imaxe pódese ver como  quedaron:


Outra das actividades consistiu en traballar o acoso escolar. Realizamos uns carteis en contra do mesmo. Clicando na imaxe pódense ver:








viernes, 12 de noviembre de 2021

Aprendemos a debuxar a cara das persoas

 Na clase de plástica aprendemos a debuxar rostros de persoas. Nas imaxes pódense ver os nosos traballos.

  

  

  


 


viernes, 5 de noviembre de 2021

Consumidores responsables

Para darlle continuidade á anterior entrada sobre o Consumo Responsable, presentamos os  traballos, nos que atoparedes máis información relacionada co sector téxtil. Esperamos que vos resulten interesantes. 

viernes, 29 de octubre de 2021

Magosto e Samaín

É tempo de castañas, cabazas e por suposto...día de celebración no cole!
Clicando na imaxe pódense ver algúns dos terroríficos disfraces.


jueves, 28 de octubre de 2021

Volta á biblioteca!

Hoxe puidemos visitar a biblioteca, onde Noelia nos explicou as normas xerais da mesma: uso e préstamo de libros, permanencia nela... Contounos, tamén,  unha fermosa historia relacionada co consumo responsable e, finalmente, levamos os primeiros libros. Tiñamos moitas ganas de tocalos, ollalos e levalos. 

A partir do día 2 de novembro estará aberta para todos. Poderemos acudir a ela  os xoves, coa titora, e os todos os martes que nos apeteza, na hora de recreo.

Preme na imaxe para ver outras.




sábado, 23 de octubre de 2021

Imaxes e vídeo da ruta da Moa e o Pan

Por fin puidemos facer a ruta da Moa e o Pan que quedara aprazada do curso pasado.

Esta actividade forma parte do Programa educativo da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Acompañáronnos Ignacio, técnico da Reserva, e Miguel que foi o noso profesor e nos dera unha charla sobre os muíños e o pan no mes de maio.

A ruta foi guiada por Fran, de Compás Proxectos de Animación Sociocultural e Turística, que nos explicou a importancia da auga; o patrimonio que hai no río Pelamios e Betanzos; a cultura do pan; e o coidado do entorno.

Clica na imaxe para ver as fotos da ruta



lunes, 18 de octubre de 2021

Programa educativo da Reserva da Biosfera: Ruta da Moa e o Pan

O venres 22 de outubro temos previsto realizar a Ruta da Moa e o Pan, una actividade do Programa educativo da Reserva da Biosfera que, debido ao mal tempo, tiveramos que aprazar o curso pasado. 

O percorrido desta ruta transcorre polo concello de Betanzos.

Clica para ver a circular informativa desta saída.

Neste mapa pódese ver información e imaxes dalgúns dos puntos de interese da ruta.

viernes, 15 de octubre de 2021

Achégate ó Consumo Reponsable!!


Ollade os nosos anuncios e premede neles se queredes escoitar información relacionada co Consumo responsable, que dá nome ó proxecto de centro deste ano. O alumnado de 5º e 6º centrarémonos no sector téxtil.
Esperamos que vos gusten e vos axude a entender a necesidade de ser uns consumidores responsables.

  

 


 

                                                         






miércoles, 13 de octubre de 2021

!Emociónate!

 Durante la clase de valores hemos trabajado un poquito más sobre las emociones. En este caso, sobre las primarias y las secundarias.

        

  

  










martes, 5 de octubre de 2021

Presentamos "O Tarabelo nas ondas"

 Os alumnos de 6º tivemos o pracer que presentar o primeiro programa de "O Tarabelo nas ondas" deste curso. Nel introducimos o proxecto do centro titulado Consumo responsable

Pasámolo moi ben como protagonistas desta edición e esperamos que vos guste.

Podedes escoitalo clicando na imaxe



viernes, 1 de octubre de 2021

Arte e emocións

Durante os primeiros días estivemos traballando diferentes emocións. Empregamos a arte, a través de diversas audicións musicais e manifestacións plásticas, para facilitar a súa expresión. 

Clicando na imaxe pódense ver algúns dos traballos.




lunes, 27 de septiembre de 2021

Un novo curso

Novo e especial, xa que estamos en 6º de primaria. Somos os maiores e para nós vai ser o último do noso paso polo colexio, no que esperamos disfrutar e aprender moito.



jueves, 10 de junio de 2021

Máis vale tarde que nunca... velaquí as desexadas fotos da nosa excursión

Máis vale tarde que nunca... velaquí as desexadas fotos da nosa excursión. Podes ver mergullos, pinchacarneiros, cadelos e cadelas, algúns personaxes do medievo... Moito desfrutaron estes rapaces e estas rapazas! Tamén vos digo que os cadelos quedaron tranquilos cando marcharon os de Sada y Contornos... e tamén algún da clase durmiu ata a tarde do día seguinte... festa rachada en Alvarella!!!!!

Podes ver a inmensa galería clicando na foto...






lunes, 24 de mayo de 2021

Saída ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes

Hoxe tivemos a clase en plena natureza. Marchamos de excursión a Sobrado dos Monxes, uno dos concellos máis centrais da Comunidade, preto dos concellos de Teixeiro, Melide e Arzúa.

Grazas a nosos amigos da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, coñecimos a Belén e a Antonio, que nos fixeron un percorrido pola contorna do Mosteiro e nos ensinaron e explicaron a súa fachada, o Pazo da Casa do Gado, a Carballeira e a Lagoa. Aprendemos moito da natureza, da agricultura, das costumes e malia algunha metida de zoca na lama... pasámolo xenial! Quedáronnos gañas de máis! Ata a próxima!

Lembra que podes ver as fotos da excursión clicando nas seguintes imaxes:

Carrusel de fotos de 6A:


Carrusel de fotos de 6B: