miércoles, 13 de marzo de 2024

Europa: paisaxes e climas

Despois de traballar a xeografía europea afondamos nas súas paisaxes e climas.

En primeiro lugar, buscamos, seleccionamos e organizamos a información en formato dixital de xeito grupal.

   

A continuación, presentamos os traballos en formatos diversos.

  

   


Finalmente, despois de moita práctica, imos mellorando as nosas técnicas para acadar unha boa exposición oral dos resultados da nosa investigación.

 

 

 



lunes, 11 de marzo de 2024

Día de Rosalía

O  23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro,  data do aniversario do nacemento desta gran escritora, poeta e referente da cultura galega.

Na escola, colaboramos con un recitado dalgunhas das súas obras. Preme na imaxe para ver o vídeo.

 



viernes, 8 de marzo de 2024

8 M. Día Internacional da muller.

 Para conmemorar o Día Internacional da Muller, e en relación co proxecto de Interculturalidade do centro, recibimos unha charla  por parte de Gabriela Barrero Mata. Orixinaria de Venezuela, onde cursou estudos de arquitectura, falounos da súa experiencia persoal. 






miércoles, 6 de marzo de 2024

Todos e todas contamos. Afundación.

Esta semana participamos no proxecto Todos e todas contamos de Afundación. A través dunha actividade de globoflexia, impartida por persoas con diversidade funcional, traballamos o valor da diversidade.
Preme na imaxe para acceder a novas.



martes, 27 de febrero de 2024

Teatro: "Violino, inglesa e o libro xigante"

Hoxe, estreamos na Casa da Cultura  a obra: Violino, inglesa e o libro xigante, escrita por Xoan Babarro e Ana María Fernández, coa que a RAG presentou o proxecto Primavera das Letras de Luisa Villalta.

Como dicía Luisa en relación ós seus ensaios musicais: Ensaiamos todos os días, fatigando a repetición e descobrindo as pequenas xemas escondidas. Repetir, repetir, repetir, repetir, outra vez, un día e os seguintes.

Tamén nós traballamos moito para representar a que foi a nosa primeira obra teatral, na que nos acompañaron María, mestra de apoio na nosa aula e ex alumna de Luisa Villalta, e compañeiros doutros cursos na parte musical. María interpretou un fragmento da obra escrita por Luísa Villalta: Concerto para un home só, que deu paso á representación do alumnado.

Moitísimos parabéns a todos!

jueves, 22 de febrero de 2024

Plan Director Convivencia: Novas Tecnoloxías

Hoxe  recibimos unha charla informativa  por parte da Garda Civil sobre novas tecnoloxías,  co obxectivo de favorecer tanto o bo uso das mesmas como a convivencia no centro. Estivo centrada, principalmente, en redes sociais e videoxogos.







miércoles, 21 de febrero de 2024

Robótica e Luisa Villalta

 Para afianzar a biografía xa traballada sobre Luisa Villalta (autora homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas) realizamos unha actividade de robótica, elaborada na aula, empregando o tale-bot.


lunes, 19 de febrero de 2024

Guionistas e actores por un día

Nesta ocasión compartimos as nosas creacións literarias, plásticas e dramáticas. Todas elas relacionadas coa falta de hábitos saudables e outras enfermidades. Esperamos que vos gusten tanto como a nós!
 







jueves, 15 de febrero de 2024

Malos hábitos e enfermidades

En ocasións a falta de hábitos saudables pode causar certas enfermidades e outras veces son os contaxios os que  as producen. Relacionado co anterior traballo  compartimos estas presentacións.

jueves, 8 de febrero de 2024

Entroido 2024

Durante a semana seguimos os mandados do meco e preparámonos para o gran día.
Preme nas imaxes para máis fotografías

Hoxe, puxémoslle ó mal tempo boa cara, sabrosas orellas, filloas, rosquillas... e música, moita música para divertirnos. Pasámolo xenial!!

E mostra dos nosos bailes...