viernes, 28 de octubre de 2022

SAMAÍN/MAGOSTO NA ESCOLA

 

 

Esta mañá disfrutamos sen dúbida dunha celebración moi divertida na nosa escola.
Depois dos tempos de pandemia, por fin poidemos xuntarnos, abrazarnos...SER LIBRES.

Mirade o guapos e guapas que estabamos.

Por se o queredes saber, e non con intención de trasladarvos envexa..., aquí vos deixamos as nosas actividades de hoxe:

1. Compartimos cos nosos titorizados unha creación artística con elementos de outoño baseada na obra de Arcimboldo. Quedáronos cadros tan fermosos como este.


2. Tivemos máis tempo de patio no que puidemos danzar e xogar ao ritmo da música, comer castañas e beber zume con todos os compañeiros e compañeiras de todo o centro.

3.Participamos no photocall do Samaín (con fotos ben simpáticas).


4. Xa de volta nas aulas, continuamos cunha pouca máis de festa para rematar.

Un Día Inesquecible.

Se queredes ver máis fotos, facede clic sobre as cámaras.



miércoles, 26 de octubre de 2022

Lume aos ESTEREOTIPOS

 

Hoxe na clase de Valores estivemos a falar sobre estereotipos e prexuizos, dúas accións, actitudes... que poden ocasionar importantes problemas na sociedade. 

Investigamos sobre as súas diferenzas e similitudes, puxemos exemplos ao respecto...

Incluso detectamos algúns que nós mesmos tiñamos ou sufrimos nalgún momento. 

E, xa convencidos, decidimos montar a nosa propia queima deles. 

Presentación Departamento de Orientación

 


Como cada ano, Lucía, a nosa orientadora, acudiu a nosa aula para presentarse ao alumnado novo e recordarnos a todos e todas a súa función na escola e como pode axudarnos no noso día a día.

Estivemos moi atentos, respostamos ben as preguntas e fixemos outras moitas. Somos unha clase moi participativa e faladora. 




Que non se nos esqueza decirvos que Lucía chegou acompañada de Potato ao que, extrañamente, saíronlle ás de bolboreta para poder narrarnos a historia de Adrián, un neno que aprendeu a aceptarse tal e como é.

Máis Cabazas

 


Chegaron máis cabazas á nosa exposición. Grazas Awa, Carlos, Xoel, Sofía, Vera e Asier por axudar a que a nosa escola estea terrorífica para esta celebración.

SODES UNS ARTISTAS!


martes, 25 de octubre de 2022

Primeiros Auxilios


 Nesta escola estamos convecidos de que a educación vai moito máis aló das aprendizaxes do currículo, así que, hoxe poidemos aprender sobre accións que poden salvar a vida dunha persoa. 


Aprendemos sobre:

1. Pasos a seguir en caso de emerxencia.




Está vostede ben? Oiga? Escoitame?




Comprobando se hai constantes vitais (pulso, respiración...)

2. Aprendemos sobre como por a unha persoa en posición lateral de seguridade á espera da chegada dos profesionais sen danar e de xeito correcto. 


3. RCP (en adultos, nenos e nenas e incluso en bebés)

Foi unha moi boa formación que estamos dispostos a seguir perfeccionando. 

BO TRABALLO


lunes, 24 de octubre de 2022

CHEGA O SAMAÍN

 

Hoxe chegou a nosa aula a primeira cabaza de Samaín para decorar a nosa escola nesta conmemoración terrorífica. 

Grazas Lola pola túa aportación. Agardamos, en breve, ter máis e máis cabazas.








viernes, 21 de octubre de 2022

REPASANDO Nº ROMANOS EN GYMKANA

 



A sesión de matemáticas de hoxe foi un tanto especial. Co obxectivo de repasar a numeración do romana, levamos a cabo un gymkana por equipos na que tivemos que:

1. Localizar as probas a realizar a través de pistas dadas (había que moverse pola escola sen correr e sen falar).

2. Resolver cada proba en equipo (xuntos).

3. Comprobar coa mestra a correcion da proba resoltar.

4. Selar a pista xa conseguida e recoller a peza do crebacabezas correspondente.

5. Xa resoltas todas as probas e recollidas todas as pezas, montar e colorear o crebacabezas.

6. FIN DO XOGO







TEÑO QUE DARVOS A NORABOA POLO VOSO TRABALLO E COMPORTAMENTE DURANTE A ACTIVIDADE. ESTOU ORGULLOSA DE QUE ESTIVERADES POLO CENTRO SEN QUE SE NOTASE E NA AULA VIN TRABALLO EN EQUIPO, SEN BERROS, SEN ACUSACIÓNS...  FAIME MOI FELIZ VERVOS TRABALLAR ASÍ.


MOCHILA VIAXEIRA (1º VIAXE EN 6º)

 


Hoxe comezamos a dinámica da mochila viaxeira con moita ilusión. O seu interior está cargado de lecturas para compartir en familia: libros sobre valores, sobre a nosa cultura galega, sobre emocions, ARTE, por suposto e moito máis por descubrir.

Carlos, será o primeiro en comprobar a súa utilidade e agardamos o dia 24 poida contarnos cómo foi a experiencia e saberemos se comparte con nós a primeira folla do caderno viaxeiro que vai no seu interior. 


A disfrutar dela compañeiro!

21/10/2022 ANIVERSARIO DINIS


 

lunes, 17 de octubre de 2022

Tarabelo nas ondas 22-23


 O tarabelo nas ondas volta á nosa escola neste curso 22-23, e o primeiro programa é o noso. 

Os nenos e nenas de sexto que non estivemos na Digital Week, preparamos con moito esforzo e agarimo este primeiro programa que sinala como protagonistas da semana aos nosos compis e dalles a benvida a realidade da escola de novo.

Escoitade con atención as nosas palabras e descubriredes as novas da nosa escola: Apertura da biblioteca, proxecto Cre-Arte, biografía dunha artista galega sen igual...


Facede Clic sobre a imaxe e poderedes gozar, dende o blog de normalización lingüística, do noso primeiro programa deste curso: 

jueves, 13 de octubre de 2022

PREPARANDO MOCHILAS VIAXEIRAS

 


Na ausencias dos nosos compañeiros e compañeiras pola súa participación no programa Digital Week, estivemos a facer moitas cousas. Entre elas preparamos e entregamos as MOCHILAS VIAXEIRAS, que despois de tanto tempo, podemos voltar a usar. 

Estas mochilas están cheas de maxia, de lectura para compartir en familia e  a partir do dia 21 estarán xa en marcha, de viaxe por todas as casas dos nenos e nenas da nosa escola. 



LECTURITAS ESTÁ ENCANTANDO DE SABER QUE OS SEUS LIBROS CHEGARÁN AS CASAS. 



E DESEXOSO DE VER O QUE APORTADES NO SEU CADERNO DE MOCHILA VIAXEIRA.
ANIMÁDEVOS A CREAR: ESCRIBIDE, PINTADE, PEGADE, DECORADE... SOMOS ARTISTAS. NON SÍ?

sábado, 8 de octubre de 2022

DIGITAL WEEK

 

Hoxe é un día moi especial, xa que 17 alumnos de 6º comezarán a aventura da Digital Week, unha semana enteira de convivencia no Albergue de Gandarío na que estarán inmerso na lingua inglesa, da man de mestres nativos e abordarán o mundo das TIC: robótica, programación, páginas web..

Sen dúbida unha experiencia única.

Agardamos a vosa volta para saber todo sobre o voso día a día durante esta actividade.

Disfrutade moito, aprendede... BOA VIAXE!!


jueves, 6 de octubre de 2022

BOCCIA CON ASPACE

 


Hoxe tivemos a oportunidade de dar visibilidade a parálise cerebral da man de ASPACE.

Foi unha experiencia única que nos permitiu darnos conta de que é moito máis o que nos une que o que nos separa.

Participamos nun xogo adaptado, a petanca tradicional pero chamada BOCCIA e resultounos realmente interesante.

Queremos agradecer a todos os participantes (usuarios de Aspace, persoas da organización) a súa actitude, ganas, amabilidade, cercanía...

Foi un placer estar con vós nesta xornada. Gracias Andrés por propor estas actividades tan enriquecedoras.


Facede clic na seguinte imaxe e teredes máis fotos e vídeos da actividade.