miércoles, 26 de octubre de 2022

Presentación Departamento de Orientación

 


Como cada ano, Lucía, a nosa orientadora, acudiu a nosa aula para presentarse ao alumnado novo e recordarnos a todos e todas a súa función na escola e como pode axudarnos no noso día a día.

Estivemos moi atentos, respostamos ben as preguntas e fixemos outras moitas. Somos unha clase moi participativa e faladora. 




Que non se nos esqueza decirvos que Lucía chegou acompañada de Potato ao que, extrañamente, saíronlle ás de bolboreta para poder narrarnos a historia de Adrián, un neno que aprendeu a aceptarse tal e como é.

No hay comentarios:

Publicar un comentario