lunes, 19 de abril de 2021

Comezamos cunha nova etapa no Tarabelo! Nós somos creadores!

 

Bo día a todos e a todas! Non vos perdades o próximo Tarabelo nas Ondas porque neste trimestre nós, os de sextos, imos ser os encargados deste proxecto tan apaixonante.

De un xeito alternativo, os compañeiros de sexto A e os de sexto B, imos traballar nos programas as datas e os temas máis interesantes. Falaremos da semana do libro, dos aniversarios, do tempo, entrevistaremos personaxes, e máis sorpresas que non podemos revelar...

Lembrade que poderedes escoitar O Tarabelo nas ondas as veces que queirades na seguinte ligazón: https://otarabelosadaysuscontornos.blogspot.com

Esperemos que o escoitedes con atención porque esforzámonos moito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario