Ir al contenido principal

Visita CIEC (Reserva da Biosfera)


 Hoxe co obxectivo de dar continuidade ao noso proxecto trimestral de arte baseado na arquitectura, tivemos a oportunidade de visitar o centro internacional de estampa contemporánea en Betanzos, da man da Reserva da Biosfera.

Alí aprendemos sobre as distintas posibilidades que os artistas teñen para crear obras incríbles a través da técnica de estampación.

Asemade comprendemos que os erros non existen neste ámbito, as gomas non funciona e así, o que consideramos "incorrecto" convírtese na oportunidade de transformalo en algo aínda mellor do que estaba previsto. 

Os nenos e nenas de 6º empregaron ferramentas específicas para realizar nunha placa metálica o debuxo en relevo de diferentes edificios significativos da nosa localidade: Museo Maside, Omix de Sada, Pazo de Meirás... para posteriormente estampar a súa obra en papel.


Un posado antes de comezar o traballo. 


Facendo os nosos grabados


Proceso de entintado


Estampación


Exemplo de resultado final


Se queredes disfrutar de máis fotos da xornada, facede clic sobre a imaxe seguinte.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Desexámosche o mellor Iovanna!

 Hoxe é un día especial, a nosa mestra Iovanna remata a súa labor docente na nosa aula.  Pois si que tivo paciencia con nós!!! O alumnado de 6º curso desexámosche o mellor na túa andaina polo mundo da docencia, ese que dá tantas alegrías. A pesar diso, quedamos algo tristes pola súa partida xa que: As tarefas que ela nos enviaba eran as mellores ! ;) Gracias Iovanna por axudarnos a ser mellores, e a corrixir os nosos pequenos erros. Grazas pola túa axuda, apoio e comprensión en todo momento! Como a cousa vai de cualificacións, nós tamén queremos que te gradúes cun SB de profe con maiúsculas. Hoxe estamos de celebración pero mañá voltamos para ensinarvos algúns fotiños emotivas!.

25 de novembro - Que ninguén afogue o teu corazón

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no noso centro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller , unha data na que lembramos a importancia de seguir loitando por unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de agresións. É un día para visibilizar , concienciar e, sobre todo, educar no respecto e na igualdade. Este ano, dentro do noso PDI Maresada , escollemos un lema moi especial: “Que ninguén afogue o teu corazón” Unha frase que une perfectamente o tema do mar coa idea de protexer aquilo que nos fai únicas e valiosas: os nosos sentimentos, a nosa liberdade e a nosa dignidade. Igual que o mar pode ser calma ou tempestade, tamén as relacións humanas poden ser espazo de coidado… ou de violencia. Por iso é tan importante aprender a recoñecer que ninguén debe nunca “afogar” a nosa voz, a nosa alegría nin o noso corazón. Ao longo desta semana, o alumnado realizou os seus propios carteis individuais antes de coñecer o mural colectivo: Diseño de Fatima...

Personaxes máxicas

Hoxe aprendemos a utilizar unha ferramenta moi especial de Canva chamada Multimedia Máxica . Trátase dunha función que emprega intelixencia artificial para crear imaxes a partir das nosas palabras. O funcionamento é moi sinxelo: nós escribimos unha descrición —por exemplo, “un dragón azul con ás douradas voando sobre unha cidade futurista” — e Canva xera unha imaxe que se parece moito a esa escena. Para probalo, seguimos estes pasos: Abrimos un deseño novo en Canva: pode ser unha presentación, unha folla en branco ou calquera outro formato. No menú da esquerda buscamos a opción “Multimedia Máxica” . No cadro de texto que aparece, escribimos a nosa descrición. Por exemplo: “unha rapaza aventureira cunha capa vermella e un mapa na man” . Facemos clic en “Xerar” e Canva crea a imaxe correspondente ás palabras que escribimos. Esta ferramenta funciona grazas á intelixencia artificial xerativa , que aprendeu a relacionar palabras con imaxes. Cando escribimos un texto, o s...