viernes, 11 de noviembre de 2022

Proxecto Memoria

 

Hoxe tivemos a oportunidade de participar na actividade Proxecto Memoria no que, na man dun narrador oral, coñecimos a catro veciñas de Sada que falaban do seu pasado na nosa vila.


Aprendemos sobre os seus xogos, as súas familias, as diferenzas da súa vida en comparación coas nosas...


Comprendemos que é importante dar valor aos nosos maiores, ao moito que teñen por ensinarnos e contarnos. As historias de vida poden marcar a nosa propia para sempre.



No hay comentarios:

Publicar un comentario