jueves, 9 de junio de 2022

Alvarella 09/06/2022

 

Hoxe é e será un día inolvidable, ese que recordaredes dentro de moito tempo e botaredes un sorriso.

Gozamos dunha ruta para ver o Castelo dos Andrade onde tamén poidamos facer un pouco de teatro e rir moito coa lenda que nos contaron para entender a historia de forma máis divertida e amena.

Subir costas xa non daba tanta risa pero somos fortes e voltamos a Alvarella para seguir gozando e correndo polas súas instalacións ata que nos ofreceron un delicioso xantar.

Pola tarde tocou enfrontar medos, vértigos.... pero entre tanta risa e emoción e animándonos a pleno pulmón todos e todas conseguimos gozar do rocódromo

Mañá máis e mellor, tampouco vos podemos contar todo SHUUUUU! Algunhas cousas son segredos vividos e compartidos cos compañeiros e compañeiras de 6º de E.P que sempre lembraredes e levaredes no voso corazón. 

Se pinchades enriba da seguinte foto poderedes ver as fotos que o profe Andrés e a profe Fátima nos quitaron, con tanta foto xa pareciamos famosos:










No hay comentarios:

Publicar un comentario