Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

Vamos saír adiante

Estamos vivindo un momento difícil. Pero estamos seguros de que pasará e saberemos superalo. Debemos animarnos e tratar de animar e apoiar aos demais. En Valores fixemos un mural coas nosas mensaxes de ánimo.

PLAN DE TRABALLO: SEMANA 30 DE MARZO

Xa está listo o Plan de Traballo para a semana do 30 de marzo. Ó igual que a semana pasada, iredes recibindo, a través do voso correo electrónico, as distintas tarefas da semana. Fixádevos na temporalización  e intentade respectala. Ánimo que so queda unha semaniña!! Relacionado co traballo desta semana, aquí vos deixo esta imaxe:

PASATEMPOS E ENREDOS

Esta semana traballastes moito e ben!! Agora para divertirse se queredes tedes tarefas para pasar o tempo. Tedes en Classroom unha divertida proposta de pasatempos. E para a semana haberá máis.

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 23 DE MARZO

Xa está listo o Plan de Traballo para a semana do 23 de marzo. En breve iredes recibindo, a través do correo electrónico, as tarefas para a semana. Lembrade que é importante respectar a temporalización que se propón, ir realizando as tarefas día a día. Visualizade o seguinte vídeo, está relacionado con algunha das actividades que faremos: Os contidos e tarefas estarán dispoñibles a través das seguintes plataformas:

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 16 DE MARZO

Aquí tedes un resumo do Plan de Traballo para a semana do 16 de marzo de 2020. As notificacións dos contidos e actividades recibirédelas a través do correo electrónico e realizaranse a través de Classroom e Aula Planeta. Pica na imaxe para acceder ao plan semanal.

PLAN DE TRABALLO POLA SUSPENSIÓN DAS CLASES

Aínda que estamos nunha situación que non nos permite vernos día a día no colexio, seguiremos traballando telematicamente. A través do correo electrónico seguiremos comunicándonos. Traballaremos de xeito moi parecido a como xa o viñamos facendo na aula nestes dous últimos cursos: utilizando Aulaplaneta, Google Apps (blogue, Drive,...) e a Aula Virtual de Santillana. Para facilitarvos o traballo empregaremos Google Classroom e así visualizaredes mellor os contidos e tarefas. Recibiredes no correo electrónico de sadaycontornos.es unha invitación para unirse ás clases e tarefas que eu comparta con todos vós. Accedendo a través de Classroom xa poderedes visualizar o contido e realizar as tarefas propostas. En principio compartirei un plan de traballo semanal pero que deberedes realizar temporalizado día a día, tal e como se vos especifica. Seguro que esta situación rematará axiña e logo poderemos vernos e seguir compartindo as clases no colexio. Ánimo a todos!

Mulleres de Sada: a nosa profesora Mª Luisa Ricoy

No pleno infantil que se celebrou no mes de decembro, unha das propostas dos nenos e nenas do noso curso foi: "Facer un recoñecemento anual dunha muller de Sada polo seu labor, por exemplo: no ensino, na medicina, na axuda aos demais…" . O Concello de Sada recolleu a nosa proposta e elixiu recoñecer o labor da que foi profesora do noso colexio Mª Luisa Ricoy Lamas. Na web do Concello abriuse un apartado dedicado ás "Mulleres de Sada" e nese espazo figura Luisa. Os xornais recolleron esta importante nova en Sada: La Opinión. La Voz de Galicia. Luisa xubilouse a finais do curso pasado e nós lembrámola con moito agarimo. Segue vindo polo colexio e ata ten un cromo no álbum de cromos do proxecto de igualde que estamos realizando neste curso. A súa pegada permanecerá para sempre no noso colexio. Recollimos algunhas imaxes dela nun pequeno álbum de fotos. Para ver as fotos pica na imaxe