Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 1 DE XUÑO

Xa chegou o mes de xuño. Un mes luminoso que anticipa o verán. Un mes que inspira as mellores poesías e con elas imos traballar esta semana. Disfrutádea!

RICARDO CARVALHO CALERO

Este ano  cada un de nós elaborou o seu propio mural adicado ó autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Clicade na imaxe e veredes que chulos quedaron!

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 25 DE MAIO

A partir de mañá teredes acceso ó Plan de Traballo para a semana do 25 de maio. As mulleres galegas serán protagonistas dunha das actividades. Ánimo, rapaces, que xa logo chega o mes de xuño!

MULLERES CIENTÍFICAS

Buscamos información sobre mulleres científicas ao longo da Historia e elaboramos cómics contando o importante labor que levaron a cabo. Clicando na imaxe podedes ver os cómics que fixemos.

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 18 DE MAIO

Esta semana coñeceremos un pouco mellor ao autor homenaxeado polo Día das Letras galegas: Ricardo Carvalho Calero. Déixovos un enlace a unha canción relacionada con un dos seus traballos.

VALORES: ¿Cómo podemos cambiar el mundo?

En esta actividad de Valores visualizamos un pequeño vídeo "El mundo está cambiando" y pusimos nuestras reflexiones de cómo podemos cambiar nuestra sociedad y ayudarnos los unos a los otros.

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 11 DE MAIO

Xa tedes listo, en classroom, o plan de traballo para esta semana. Fixádevos nas caras da imaxe, están relacionadas con algunha das actividades. Espero que vos resulte interesante. Que teñades moi boa semana!!

ILUSTRACIÓN DA NATUREZA. PROGRAMA EDUCATIVO DA RESERVA DA BIOSFERA.

O ilustrador Suso Cubeiro fixo varios vídeos explicando distintas técnicas para aprender a debuxar diversos elementos que podemos atopar na Natureza. Esta actividade forma parte do Programa educativo da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo Debuxamos flores, paxaros e carballos. Se queres ver os debuxos clica nas imaxes.  

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 5 DE MAIO

Mañá martes empezaremos coas actividades da semana do 5 de maio. Coas tarefas recibiredes a temporalización que debedes tratar de respectar. Maio é un mes moi luminoso e florido  e, agora que xa podedes saír a pasear, seguro que o disfrutades máis. Que teñades moi boa semana!