Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

Un grupo estupendo!!

Neste extraordinario último día de colexio, no que despedimos o alumnado de 6º curso de primaria, gustaríame ter unhas palabras de agradecemento, en primeiro lugar, para as familias, pola súa colaboración, participación e comportamento exemplar durante estes dous anos que compartimos xuntos. En segundo lugar para os  alumnos e alumnas que, como xa lles dixen en moitas ocasións durante estes dous anos, foron e son ENCANTADORES!! Foi unha gran sorte para min traballar con eles e saber que na aula esperaban cada día alumnos traballadores, participativos, con ilusión, con ganas de aprender… Gustaríame, por último, agradecer a colaboración de Miguel, non so na elaboración deste vídeo, senon no seu apoio e implicación nas actividades da Reserva da Biosfera levadas a cabo co grupo. En nome de todo o equipo docente GRAZAS A TOD@S, sodes un grupo moi especial. Desexámosvos moi bo verán e que vos vaia moi ben nesta nova etapa.

UNS ANOS MARABILLOSOS

Esta é a nosa despedida para os profes e compañeiros do cole.

A NOSA PARTICIPACIÓN NO PROXECTO DE IGUALDADE

O alumnado de 6º curso traballou moito e moi ben no Proxecto de Igualdade do centro, co cal recibimos o  premio Carmen López Cortón. Neste vídeo podedes ver un resumo do traballado durante este curso.

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 15 DE XUÑO

O moucho da dereita parece que está a mandar. Debe de ter aínda máis tarefas...pero se xa estamos na útima semana de cole! Puuuffff...canto traballiño!!

O TANGRAM

Fixemos un tangram e creamos moitas figuras coas súas pezas. Clica na imaxe para ver velas.

AS NOSAS PÁXINAS NO XORNAL "LETRAS LETRIÑAS"

Xa está publicado o xornal  escolar  "Letras Letriñas" deste curso. A nosa aula ten dúas páxinas que podedes ver se picades nas imaxes: Se clicades na seguinte imaxe podedes ver o xornal completo:

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 8 DE XUÑO

Achégase o final do curso, xa queda pouquiño! Nesta semana do 8 de xuño faremos algunhas actividades que espero sexan entretidas. A próxima semana haberá algunha sorpresa. Ánimo que logo chega!