Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

Obradoiro Rosalía de Castro

 Bo día! Nunca esquecemos a Rosalía de Castro, gran referente para nós.  A Asociación de Escritoras e Escritores  en Lingua Galega (AELG), co obxecto  de que se   manteña ese gran tesouro, ferramenta de futuro, que é o noso idioma , está  a levar a cabo   unha campaña para dar a coñecer  e dinamizar a figura de Rosalía de Castro,  co gallo da  celebración do Día de Rosalía 2022.  A través da colaboración coa Deputación da Coruña organizan a realización de obradoiros  impartidos por distintos escritores/as nos centros educativos.   Estes obradoiros, non só queren achegar a figura da poeta e narradora galega, máis  tamén diversas formas de coñecela. A través da música, da súa faceta narrativa,  dunha procura misteriosa,... as propostas son do máis diversas e entretidas para  o alumnado, así   como para coñecer aspectos da  da obra e da propia Rosalía.  Obradoiro Rosalía ( ...

Dí Pataca con Dolores Caamaño

Hoxe visitounos Dolores , fundadora de Dí Pataca para falarnos do seu proxecto Así mesmo, tivemos a sorte de coñecer e reflexionar sobre termos coma: FAST FASHION MODA SOSTIBLE ALGODÓN ORGÁNICO VS NATURAL O FUTURO MÁIS INMEDIATO DA PROBLEMÁTICA O IMPACTO MEDIOAMBIENTAL DESTE PROBLEMA O CONSUMO EXCESIVO DE AUGA PARA PRODUCIR ROUPA TALLERES CLANDESTINOS TINTES ILEGAIS E TI??  Reflexionaches algunha vez sobre estos conceptos? Investiga e toma medidas para facer do teu mundo, un mundo mellor.  Dolores Caamaño aconséllanos:  @di_pataca   Accede ao enlace para ver máis:  Fotos do obradoiro

Charla Plan Director

  Pincha para ver as imaxes da charla

Fermosas e únicas coma folerpas ( Escola do Benquerer)

Somos todos e todas iguais?  Observámonos, pensamos en como actuamos nós e como o fan os demais en situacións semallantes... cómo sentimos nós e como o fan os demais.... Reflexionamos  e intentamos dar resposta a todas estas cuestións que a actividade " Fermosas e únicas coma folerpas "  da nosa Escola do Benquerer virtual nos ofrece.   Preme para aprender a facer unha folerpa de papel cun vídeo tutorial  Rematamos a sesión observando as nosas folerpas, que algunhas nin chegaron a ser folerpas... son todas diferentes pero bonitas e únicas porque cada un e cada unha as fixo coa mellor das intencións Acabamos a sesión escribindo mensaxes positivos aos noso compañeiros e compañeiras  COMO ME SINTO TRAS LER O QUE OS DEMAIS PENSAN DE MIN? Hai algo que deba mudar ou mellorar para vivir máis felizmente en sociedade e en igualdade ? E coma sempre na escola do Benquerer de 6º de Educación Primaria: DEBATEMOS  FALAMOS E REFLEXIONAMOS ATA EXTRAER CONCLUSIÓNS...

8M 2022

 Co gallo do 8M o alumnado de 6º de Primaria, realizamos unhas entrevistas ficticias a persoeiras galegas referentes en diferentes ámbitos: Fixémolo por parellas e deseñamos nós as entrevistas, un/unha era o entrevistador/a e a outra persoa a entrevistada. Ademais, os lugares das entrevistas foron do máis divertidos: a radio, a tele, os premios goya na alfombra vermella... Gustounos moito representar as entrevistas e meternos na súa pel... Agora xa sabemos máis sobre: