Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

Nadal 6º (Esperando a chegada do 2023)

  Finalizamos primeiro trimestre e como non pode ser doutro xeito, estivemos de celebración de nadal. Sesión de cinema con palomitas  Patio divertido e compartido Visita aos Reis Magos con entrega de fermosas postais  Chocolatada e campanadas fin de trimestre Amigo Invisible Como podedes observar un dia repleto de ledicia, emocións, diversión... Facede clic sobre o elfo "Selfie" e teredes acceso a todas as fotos do nadal da escola"

FUNDACIÓN Mª JOSÉ JOVE

 Hoxe fixemos unha saída escolar á fundación Mº Jove para disfrutar da súa actividade: Retrato das Emocións.  Estivemos encantados de viaxar xuntos no autobús e rir sen parar coas cantigas de sempre. A visita resultounos curta pero interesante. Foto de grupo para comezar. Entrando na sala para coñecer a súas obras. Probando a cambiar as emocións das obras a través da cor. Máis fotos facendo clic na seguinte imaxe.

CRE-ARTE: PINTURA

  Hoxe chegou o noso momento de amosar a toda escola o noso traballo de todo o trimestre. Como ben sabedes estamos a desenvolver un proxecto de arte na nosa escola e comezamos coa PINTURA. Os nenos e nenas de 6º decidimos centrarnos en arte modernista: por art, cubismo, surrealismo... e tras moita investigación e estudo creamos fermosas obras como as que podedes ver a continuación. Para disfrutar de moitas máis fotos, facede clic sobre a paleta. E para poder vernos en acción como verdadeiros guías de museo...

15/12/2022 ANIVERSARIO CAROLINA

 

Enki: Corre por un mundo imperfecto

  Co obxectivo de conmemora o día 3 de decembro (Día da diversidade Funcional) a nosa escola sumouse a unha proposta da fundación Abrente (Enki proxecto) a prol dunha sociedade mellor, onde o respecto á diversidade é a premisa principal. Así, preparamos unha proba lúdica e non competitiva no que o noso alumnado tería que afrontar retos atendendo a posibles limitacións: discapacidade visual, auditiva, motora... e así decatarse de que todo é posible se somos un equipo e o bo trato é a nosa filosofía de vida. Foi unha experiencia xenial, disfrutamos e aprendemos xuntos. Sen dúbida para repetir.