Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2023

DÍA DA PAZ

  Hoxe, como non podía ser doutro xeito conmemoramos o día da paz na nosa escola.  As primeiras horas adicámolas a investigar por grupos e dar resposta a cuestións tales como:  - Por que se celebra o día da paz o 30 de xameiro? - Está relacionada esta conmemoración con algunha figura histórica? - Por que os símbolos da paz son unha pomba e esa estrana figura circular? Os diferentes equipos fixeron moi bo traballo e así puidemos coñecer mellor a Mahatma Gandhi. Xa postos en materia, participamos nun acto grupal no patio onde limos un manifesto, recitamos un poesía a prol da paz (Grolos de Paz), cantamos e bailamos ao son da canción"Que Bonito" e construimos entre todos e todas unha escultura de sorrisos. POR UN MUNDO CHEO DE PAZ, SORRISOS E NON VIOLENCIA.  CLIC NA IMAXE PARA MÁIS FOTOS DA XORNADA

PLAN DIRECTOR CONVIVENCIA: USO SEGURO INTERNET

  Unha imaxe vale máis que 1000 palabras, e a publicación de hoxe como podedes ver vai encamiñada a ese MUNDO inmenso que constitúe a REDE (internet, redes sociais, móvil, comunicacións virtuais...) Dado o perigo que o seu mal emprego pode ocasionar, o alumnado de 6º recibiu unha charla clara e concisa por parte de Fernando, garda civil que forma parte do Plan Director de convivencia da xunta e sempre nos aporta o seu gran de area a prol dun uso seguro de Internet.

Taekwondo

  Hoxe, o alumnado de 6º puido disfrutar da actividade de Taekwondo na súa sesión de Educación Física. Ao igual que anos anteriores foi unha experiencia moi divertida, educativa, chea de valores e convivencia a través desta arte marcial. As súas caras falan por sí soas.  Se queredes ver máis fotos e videos, aquí vos deixamos un álbum da xornada.  Facede Clic sobre esta imaxe. 

21/01/2023 ANIVERSARIO AWA

 

PROBLEMAS COMPETENCIAIS

  PROBLEMAS PARA A VIDA Este trimestre comezamos cunha nova dinámica na aula. Aproximadamente, unha vez á semana levaremos a cabo unha práctica de problemas competencias en grupo. Trátase da resolución de situacións reais que poidan darse na vida dos nenos e nenas (realización dunha compra, preparación dun menú, unha receita...) extraendo datos de folletos publicitarios, rede... todos reais e dar solución (de diferentes formas) á situación plantexada.  O noso primeiro contacto con esta práctica e co emprego de calculadora está a ser moi positivo. Continuaremos a aprendizaxe.

13/01/2023 ANIVERSARIO ANTÓN

Benquerer: Aprendendo sobre Diversidade Sexual

Neste trimestre continuamos coas aprendizaxes da escola do Benquerer. Hoxe aprendemos sobre Diversidade Sexual: Identidade, Orientación... Atentos ao vídeo explicativo. Identificando termos necesarios en equipo Comeza a acción, o xogo, a búsqueda do termo coa súa definición correcta (sen poder falar non é tan doado).   Resultado Final Seguimos aprendendo dende o respecto á DIVERSIDADE.  Bo traballo, equipo. 

6/01/2023 ANIVERSARIO ARIANA