viernes, 31 de marzo de 2023
Ce, Orquestra Pantasma
jueves, 30 de marzo de 2023
Cre-Arte Escultura
Chegou a fin do segundo trimestre e con él a nosa segunda exposición do proxecto anual Cre-Arte.
Estos meses estivemos a traballar sobre a escultura e a tarefa non foi doada, pero penso, aprendemos moito e fixemos un bo traballo.
lunes, 27 de marzo de 2023
O IMposible (Posible)
viernes, 24 de marzo de 2023
Premio Galego para a Educación e o Desenvolvemento
Hoxe foi un día moi especial. Viaxamos a Santiago de Compostela representando á nosa escola para recoller un premio pola labor realizada o pasado curso a través do proxecto Ama con Corazón.
Foi unha experiencia moi agradable, chea de emoción, orgullo e risas.
Os nosos cativos e cativas tiveron un comportamento exemplar durante toda a gala e a súa intervención foi merecidamente aplaudida.
Dende este blog agradecer especialmente a Javi e Sofía a súa participación, actitude, comportamento. Estamos moi orgullosos.
Tarabelo nas Ondas
Nova entrega do Tarabelo nas Ondas elaborado e dirixido polo alumnado de 6º de Primaria en colaboración cos nenos e nenas de 6º EI.
Agardamos vos guste.
![]() |
Facede clic nesta radio e escoitaredes o noso programa. |
miércoles, 22 de marzo de 2023
Plan Director Convivencia: Acoso Escolar
martes, 21 de marzo de 2023
Tarabelo nas ondas
Agardamos vos resulte de interese.
miércoles, 15 de marzo de 2023
Suso Cubeiro : Arte Natural (Reserva da Biosfera)
Os nenos e nenas de 6º aprenderon da man de Suso Cubeiro (ilustrador galego) sinxelos trucos para acadar debuxos más expresivos.
Poidemos desfrutar das súas obras realistas en acuarela e lapis: paxaros, árbores, animais do bosque... e coñecer múltiples lendas asociadas aos seus protagonistas.
Asemade aprendimos sobre a diversidade animal e vexetal da nosa terra.
Quedamos abraiados coa habilidade de Suso para, en pouco tempo, crear fermosas obras que semellan fotografías.
Se facedes clic sobre a imaxe anterior podedes aceder ao álbum completo con estas e algunha foto máis para ver ben de cerca.
XORNADA DEPORTE ADAPTADO (ENKI)
miércoles, 8 de marzo de 2023
Cre-Arte: Maestro da escultura
HOXE ALGÚNS NENOS E NENAS DE 6º TRANSFORMÁRONSE EN MAESTROS DA ESCULTURA E ESTIVERON CO ALUMNADO DE 4º DE EI CONSTRUÍNDO FERMOSAS PRODUCIÓNS EN BARRO.
UNHA SESIÓN DE CONVIVENCIA MOI AGRADABLE CON RESULTADOS SORPRENDENTES.
8 M DÍA DA MULLER
Hoxe na nosa escola conmemoramos o día da muller cun acto colectivo cheo de reivindicación por e para a igualdade.
Os nosos nenos e nenas de 6º foron os encargados de ler un manifesto dende a responsabilidade, agarimo e comprensión á esta data.
Houbo fermosas homenaxes que solo nós entenderemos.
Grazas nenos e nenas de 6º por amosar ao mundo como pode chegar a ser se todos e todas sumamos.
jueves, 2 de marzo de 2023
Visita Manuel Silva
Manuel Silva é un ex-traballador da construción que na actualidade adica o seu tempo a realización de maquetas de edificios emblemáticos: a terraza de Sada, a torre Eiffel, hórreos galegos e asturianos...
Algunhas destas fermosas maquetas están visibles no xardín da súa vivenda, e os nosos cativos e cativas, foron convidados á visitalas.
Sen dúbida, faremos o posible por voltar a ver a Manuel e finalizar a nosa entrevista para o Tarabelo nas ondas.
Unha experiencia fermosa e chea de agarimo como podedes apreciar nesta fotografías.
miércoles, 1 de marzo de 2023
AUTOESTIMA TEI
Hoxe tocou falar da Autoestima. Realizamos unha actividade TEI na que aprendemos sobre situacións que afectan ao noso sentir propio, tanto no sentido negativo como no positivo.
Tratamos de situar a nosa propia autoestima nunha escala e buscar accións que nos axuden a que sexa sá e nos permita vivir en armonía con nós memos e os demáis.
Conceptos difíciles pero pouco a pouco avanzando no camiño.
-
Hoxe é un día especial, a nosa mestra Iovanna remata a súa labor docente na nosa aula. Pois si que tivo paciencia con nós!!! O alumnado de...
-
No segundo trimestre comezamos a coñecer e traballar a vida e obra de Luísa Villalta a través de diferentes actividades. A continuación, po...
-
Damos continuidade ás exposicións de especialistas. É o turno de Marco, o noso profesional da NASA. Maquetas, explicacións, dúbidas, cons...