Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

Padriños e Madriñas Lectores/as

  Hoxe na nosa escola conmemoramos o día do libro coa nosa recuperada dinámica Padriños/Madriñas Lectores. Nesta actividade o alumnado de 4º a 6º apadriñan/amadriñan ao alumnado dos cursos inferiores, e no tempo de lectura, ao son dunha música relaxante, os libros saen ao patio e os nosos cativos/as comparten lectura, sorrisos... Un tempo de convivencia que, sen dúbida, paga a pena experimentar. Para máis e máis fotos da experiencia facer clic sobre as imaxes.  Outra das actividade realizadas con motivo desta conmemoración foi unha reseña lectora dun libro que estivemos a ler durante toda a semana para gozar da lectura e por suposto dunha aprendizaxe moi relevante. Agardamos vos guste.  E para rematar esta entrada, un agasallo moi especial do alumnado de 6º EI. 

Escola do Benquerer: Digo que si/Digo que non

 Seguimos coas actividade de formación afectivo-sexual da escola do benquerer. Hoxe tocou un tema moi delicado pero de especial relevancia. Na aula de 6º estivemos a abordar a importancia de dicir NON ante todo aquilo que nos fai sentir mal, así como cales son os límites que nunca debemos permitir sobrepasar.  O alumnado estivo moi implicado, respectuoso e concienciado. 

Día de deporte inclusivo

  Xornada intensa de deporte adaptado.  A nosa experienciad de hoxe non pode describirse con palabras. Tivemos a gran oportunidade de coñecer da man de ENKI e clubes colaboradores, na Universidade da Coruña diferentes deportes adaptados.  Compartimos xunto con deportistas e voluntariado aprendizaxes, valores e unha inmensa capacidade de superación.  Sorrisos, diversión, compañeirismo, empatía... un sinfín de calificativos positivos. Grazas, grazas e moitas grazas. Facede clic na imaxe e achegádevos a toda a experiencia.

Plantando árbores con pinceis

Hoxe participamos nunha actividade moi interesante dentro do noso proxecto Cre-Arte, titulada Plantando árbores con pinceis. O alumnado de sexto inspirouse a través de múltiples imaxes relacionadas coa arte, a natureza, o respecto ao medio ambiente, a igualdade... e entre todas as súas propostas naceu un proxecto de mural. Así pois, con axuda dun artista chamado David, levamos á práctica o noso diseño dun xeito algo diferente pero desde a mesma perspectiva. Se queredes ver os artistas en acción facede clic sobre a imaxe seguinte.

Soy un artista

  Hoxe por fin o grupo de teatro dirixido pola nosa compañeira Vera, puido pasar a escea e representar a súa obra... Con moita ilusión, ganas e diversión asegurada os actores, actrices e a dirección pasaron un moi bo rato. Noraboa a todos e todas!

Proyecto Teatro na Biblioteca

Este trimestre tentaremos dar moita vida á nosa biblioteca a través das representacións dos nenos e nenas da nosa escola. Fixeron grupos mesturando cursos dende os cativos/as de 1º ata os de 5º e seleccionaron unha lectura para teatralizar. Axudados polos encargados e encargadas da actividade (alumnado de 6ºEP) preparan e organizan de xeito autónomo a súa actuación. Comezamos? Para iso presentamos ás aulas en qué consiste este proxecto, a quen vai dirixido, cales son as súas características, obxectivos...

Aprendemos a medir, midiendo

  Comezamos o derradeiro trimestre de este curso traballando unidades de medida. Estaremos inmersos no mundo da lonxitude, capacidade, masa e supercicie durante os meses restantes.  E que mellor xeito de comezar que traballando por equipos.

4/04/2023 ANIVERSARIO MARTÍN