Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

Nadal 2023

 Hoxe foi un día especial no que despedimos, moi elegantes e coas tradicionais badaladas, o ano 2023. Tomamos chocolate con churros; realizamos manualidades; e cantamos un pouquiño. Premendo na imaxe accédese a outras da xornada. Días previos coa elaboración de adornos e  postais:      

Sadabona 1º trimestre

Para dar continuidade ó noso traballo inicial de investigación sobre as nosas raíces, realizamos unha actividade plástica que formou parte da exposición colectiva da nosa escola.  Buscamos información relacionada con: linguas, tradicións, paisaxes, gastronomía...      Seleccionamos imaxes e realizamos a parte plástica          Contribuímos á exposición colectiva e visitámola

Escola Benquerer

  Tal e como se recolle na concreción curricular   do noso centro, o alumnado do 3º ciclo participa no programa da Escola do Benquerer para desenvolver aspectos relacionados coa saúde afectivo-sexual. Neste primeiro trimestre coa actividade denominada “A máquina do tempo” coñecemos e comprendemos os cambios propios da puberdade.

Carreira Enki

 O pasado 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional das persoas con discapacidade. No noso centro realizamos a carreira Enki para sensibilizarnos e tomar conciencia desta realidade. Este ano, ademais de participar, o alumnado de sexto, colaboramos na organización do evento. (Preme nas imaxes para acceder as fotografías) Unha vez claras as instrucións, comezan os preparativos. Colocamos dorsais... Listos para participar!!