Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2024

Aniversario Fran

  Aínda que hoxe non estamos con él, non queríamos pasar por alta o seu aniversario. Parabén amigo Fran. Agardamos disfrutes moito do teu día e do nadal. Ata a volta.

Festa Nadal

Hoxe foi día de gala, derradeiro do 1º trimestre e gozamos dunha xornada especial. Merenda compartida con película, un clásico do nadal "Solo en Casa" Visita Papá Noel e entrega de fermosas postais. Badaladas da man do Tarabelo nas ondas e moita festa. Podedes ver máis fotos facendo clic sobre a árbore.  E para rematar, pequenos agasallos personalizados. 

Benquerer: Diversidade Sexual

Dado que estamos entrando xa na adolescencia e xurden numerosas dúbidas, hoxe estivemos a abordar unha temática moi importante da man da Escola do Benquerer. Aprendemos sobre diversidade sexual distinguindo os seguintes termos: 1. Identidade de xénero. 2. Expresión de xénero. 3. Orientación sexual. 4. Sexo biolóxico. Logo a través dun xogo coñecemos o significado real de múltiples palabras relacionadas: home, muller, homosexualidade, bisexualidade...

Escola Galega Consumo (SostiLab)

  Hoxe recibimos a visita da Escola Galega de Consumo para aprender a recoñecer os xoguetes que son seguros a través da súa etiquetaxe.  Para ampliar información, un contiño que pode axudar. 

Investigación Baloncesto: Pelayo

  Hoxe foi o turno de Pelayo, o noso compañeiro especialista en NBA e xogador de baloncesto de "Os Golfiños". Aquí vos deixamos a súa exposición para que poidades aprender sobre esta disciplina deportiva. Bo traballo!

Amigo Invisible

 Hoxe adiantamos unha dinámica que tiñamos prevista para o Nadal para que todos e todas estivesemos presentes.  Por petición unánime fixemos o coñecido... AMIGO INVISIBLE E aquí tedes o resultado:

TEI: Pequenos Xestos

  Hoxe realizamos unha actividade TEI baixo o títulos "Pequenos xestos" onde puidemos reflexionar sobre as diferentes actitudes das persoas ante circunstancias similares.  Aprendemos que os pequenos xestos duns poucos poden dar lugar a grandes cambios. Xulgade por vós mesmos os vídeos sobre os que debatemos.

Carreira Solidaria Dana

  Xornada especial a prol dos afectados e afectadas pola DANA en Valencia.  A nosa escola organizou unha carreira solidaria coa que recadar fondos para axudar a esta importante causa.  Grazas nenos e nenas, grazas familias, grazas mestres... por estar sempre dispostos a botar unha man. Aquí podedes ver un resumo da carreira e aceder a moitas máis fotos. Facede clic sobre esta imaxe para aceder ao álbum de fotos. 

BENQUERER: Palabras Doces, Palabras Amargas.

  Sesión TEI na aula de 6º aprendendo sobre o poder das palabras.  Comezamos lendo un texto que nos gustaría compartir de Juan José Millás. LAS PALABRAS DE NUESTRA VIDA Resulta difícil imaginar un artefacto más ingenioso, útil, divertido y loco que un diccionario. Toda la realidad está contenida en él porque toda la realidad está hecha de palabras. Nosotros también estamos hechos de palabras. Si formamos parte de una red familiar o social es porque existen palabras como  hermano, padre, madre, hijo, abuelo, amigo, compañero, empleado, profesor, alumno, policía, alcalde, barrendero … Escuchamos las primeras palabras de nuestra vida antes incluso de recibir el primer alimento, pues son tan necesarias para nuestro desarrollo como la leche materna. Por eso sabemos que hay palabras imposibles de tragar, como un jarabe amargo, y palabras que se saborean como un dulce. Sabemos que hay palabras pájaro y palabras rata; palabras gusano y palabras mariposa; palabras crudas y palabra...

Digicraft III

 E seguimos a testear IA coa actividade: É un paxaro ou é un avión? que realizamos en dúas partes. 1. Debuxo seguindo instruccións orais.  2. Debuxo a través de base de datos Quick Draw. 

Investigación: Espacio Marco

  Damos continuidade ás exposicións de especialistas. É o turno de Marco, o noso profesional da NASA.  Maquetas, explicacións, dúbidas, consultas... un sinfín de novos coñecementos.