Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

Punto Laranxa

 A nosa escola conta co Punto Laranxa, unha medida promovida pola Xunta de Galicia para previr o acoso e ciberacoso nos centros educativos. Lucía, a orientadora do centro, informounos sobre a súa importancia, ubicación e funcionamento: a través dunha mensaxe anónima introduciremos no buzón o que está a acontecer e o persoal docente actuará en consecuencia.

Europa: paisaxes e climas

Despois de traballar a xeografía europea afondamos nas súas paisaxes e climas. En primeiro lugar, buscamos, seleccionamos e organizamos a información en formato dixital de xeito grupal.      A continuación, presentamos os traballos en formatos diversos.         Finalmente, despois de moita práctica, imos mellorando as nosas técnicas para acadar unha boa exposición oral dos resultados da nosa investigación.      

Día de Rosalía

O  23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro,  data do aniversario do nacemento desta gran escritora, poeta e referente da cultura galega. Na escola, colaboramos con un recitado dalgunhas das súas obras. Preme na imaxe para ver o vídeo.  

8 M. Día Internacional da muller.

 Para conmemorar o Día Internacional da Muller, e en relación co proxecto de Interculturalidade do centro, recibimos unha charla  por parte de Gabriela Barrero Mata. Orixinaria de Venezuela, onde cursou estudos de arquitectura, falounos da súa experiencia persoal. 

Todos e todas contamos. Afundación.

Esta semana participamos no proxecto Todos e todas contamos de Afundación. A través dunha actividade de globoflexia, impartida por persoas con diversidade funcional, traballamos o valor da diversidade. Preme na imaxe para acceder a novas.