Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

Un Betanzos con pecados. Programa Educando na Biosfera.

 A última actividade deste  curso, contemplada no Programa Educando na Biosfera, desenvolveuse en Betanzos. Permitiunos por en valor e coñecer recursos patrimoniais, culturais e etnográficos do territorio da Reserva de Biosfera, neste caso o Casco histórico de Betanzos. Ademais do interesante da visita, puidemos afondar no traballado na aula en relación ó patrimonio. Moitas grazas a Jose, que foi un gran guía e fixo que a visita fose moi interesante. Premede na imaxe para ver outras.

Cestería. Programa Educando na Biosfera.

Hoxe participamos na actividade de Cestería, dentro do Programa Educando na Biosfera, onde coñecemos a artesanía tradicional empregando papel de xornal.  Relacionámolo, deste xeito, coa reciclaxe e o coidado do medio ambiente.

Navega con Rumbo. Uso responsable da Internet.

 Hoxe, dentro do  Programa Navega con Rumbo,  o alumnado do terceiro ciclo tivemos unha charla informativa centrada no  uso responsable da Internet entre o alumnado, así como na prevención do ciberacoso e outros riscos derivados dun mal uso.            

Tarabelo nas ondas. Letras Galegas 2024.

 Na edición do Tarabelo das ondas para o Día das Letras Galegas, Ainara e Carlos realizaron unha entrevista a Óscar Sánchez e María Berrocal (pai e mestra de 6º curso respectivamente), ambos os dous exalumnos de Luísa Villalta, autora homenaxeada este ano. Parabéns a todos pola entrevista. Premede na imaxe para escoitar o audio.                        

Festival Letras Galegas 2024

 Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, no centro organizouse un festival no que o alumnado de 6º puidemos representar, de novo, a obra Violino, inglesa e o libro xigante , escrita por Xoán Babarro e Ana María Fernández, relacionada coa vida de Luísa Villalta. Fixestes un gran traballo. Moitos parabéns!

Eco-xogos. Programa Educando na Biosfera.

Dentro do Programa Educando na Biosfera participamos  nun obradoiro lúdico e educativo, no que coñecemos xogos tradicionais elaborados con elementos naturais ou reciclados. Pasámolo xenial!

AELG e Luísa Villalta

 Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración coa Deputación da Coruña, desenvolveu diversos obradoiros. No noso caso visitounos a escritora Eva Teixeiro, coa que afondamos un pouco máis na obra de Luísa Villalta. Preme na imaxe para ver a actividade

Robótica

 Tal e como se recolle na concreción curricular do centro, continuamos co  desenvolvemento, de xeito progresivo,  de robótica e con unha proximación á programación. Premendo nas imaxes podemos acceder ás fotografías das actividades desenvolvidas:     

Detectives da mobilidade

 Hoxe, dentro do Proxecto ANCAS e co obxectivo de establecer un Camiño Escolar Seguro, convertímonos en detectives da mobilidade. No noso percorrido por  parte da Avenida do Porto, puidemos observar e analizar as deficiencias do mesmo para, posteriormente, trasladar ó Concello.           

Luísa Villalta en cómic

 No segundo trimestre comezamos a coñecer e traballar a vida e obra de Luísa Villalta a través de diferentes actividades. A continuación, podemos ler os nosos cómics relacionados con algún aspecto da súa biografía.