lunes, 17 de junio de 2024

Vela lixeira.

 Rematamos a nosa experiencia en vela lixeira na que, sen dúbida, aprendemos e desfrutamos moito. Moitas grazas os monitores por acompañarnos estes días.

Premendo accédese ás fotos da xornada:



sábado, 15 de junio de 2024

Patrimonio e plástica

 Quixemos rematar os nosos traballos relacionados co patrimonio de Sada con  unhas creacións plásticas. Aínda que non puidemos acabalas todas, fixemos un traballos xeniais:

AS BRAÑAS

    


O PAZO DE MEIRÁS
                         

AS CERÁMICAS DO CASTRO

  

                                 

A TERRAZA 

   











viernes, 14 de junio de 2024

Alvarella 3º día.

Estes dous días traballamos duro, pero non nos rendimos . Hoxe continuamos a xornada lembrando as fantásticas historias que se viviron hai moitos anos no castelo de Andrade. Puxemos en práctica as nosa capacidade interpretativa e, unha vez máis, convertímonos en maravillosos actores e actrices.
Clica na imaxe para ver fotografías

Moitos parabéns para Marcos que estivo de aniversario en Alvarella






jueves, 13 de junio de 2024

Alvarella. 2º xornada

Despois da fantástica velada e merecido descanso, comezaron as aventuras do segundo día e...aínda que nos acompañou a choiva foi moi divertido.
Para ver fotos da xornada, premede na imaxe.




miércoles, 12 de junio de 2024

Alvarella 2024

Por fin chegou un dos momentos máis desexados: a saída de fin de primaria.  Comezamos a xornada practicando kaiak e, aínda que ía frío, pasámolo moi ben. Pola tarde realizamos tiro con arco e na velada divertímonos cun xogo ó aire libre. Foi xenial!

Premendo na imaxe accédese a fotos da xornada.









martes, 11 de junio de 2024

Vela lixeira. 2ª xornada

Hoxe disfrutamos da segunda clase de vela lixeira, contempladas dentro do programa Xogade.

Recordamos o aprendido na sesión anterior e ademais de ir  en raquero, empregamos o cadete e o optimist.

Premede na imaxe para ver fotos da actividade.



Visitamos o IES Isaac Díaz Pardo

Antes de rematar o curso puidemos visitar o que será o noso centro o vindeiro curso: o IES Isaac Díaz Pardo. Coñecemos a Nila, a orientadora; Marisol, a directora; e algúns dos nosos excompañeiros do colexio explicáronos aspectos xerais do instituto. Moitas grazas o alumnado de 4º da ESO polas historias que compartiron con nós. Fixérono moi ben e gustáronnos moito.

     


Patrimonio cultural de Sada. O Pazo de Meirás.

 Ademais de formar parte do patrimonio cultural de Sada, o pazo de Meirás está catalogado como BIC. Na aula investigamos sobre o mesmo e compartimos con vós o noso traballo.

Manuel Pérez Lorenzo, profesor de historia e autor do libro "Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio"  é exalumno do CEIP Sada y sus contornos e, a través da entrevista que lle fixemos, axudounos a entender mellor a historia do Pazo de Meirás.

Premendo na imaxe accédese ó audio.



lunes, 10 de junio de 2024

Patrimonio cultural de Sada. A Terraza.

 Sen dúbida, o edificio de A Terraza de Sada é un dos máis representativos da localidade  polo seu estilo modernista. A continuación pódese ver o noso estudo sobre o mesmo.


Miguel Mosquera, exalumno do centro e graduado en arquitectura pola UDC despertou a nosa curiosidade non so por A Terraza, senón tamén por toda a arquitectura en xeral.



domingo, 9 de junio de 2024

Patrimonio cultural de Sada. A fábrica de cerámicas do Castro.

 Nesta ocasión estudamos a  Fábrica de cerámicas do Castro.


Colaborou con nós, de novo, Carlos Silvar, que desenvolveu parte da súa actividade profesional na fábrica de cerámicas do Castro.

Compartiu con nós unha imaxe da obra que crearon nas cerámicas relacionada co edificio de A Terraza, de Sada, que tamén traballamos na aula.

sábado, 8 de junio de 2024

Patrimonio natural de Sada. As Brañas.

 Dentro do patrimonio natural da localidade, investigamos sobre As Brañas de Sada.


Para afondar no seu estudo, visitounos Carlos Silvar: debuxante, ilustrador e pintor que ademais coñece moi ben As Brañas.
Escoitade a entrevista premendo na imaxe e seguro que aprenderedes moito.


viernes, 7 de junio de 2024

Patrimonio cultural de Sada. CEIP Sada y sus Contornos.

A nosa escola, o CEIP Sada y sus Contornos, co seu fermoso edificio modernista e historia, forma parte dos nosos traballos.

 

Nesta ocasión visitounos Miguel Gayoso Barreiro, director do centro durante moitos anos, que nos respondeu nunha breve entrevista a  cuestións xerais.  Ademais do valor arquitectónico ten un valor histórico, cultural e social moi importante, que el explicou en varios libros publicados.

 Premede na imaxe para escoitar o audio

                                  

jueves, 6 de junio de 2024

Patrimonio natural e cultural de Sada

Durante o mes de maio estivemos a desenvolver un traballo de investigación centrado no patrimonio cultural e natural da nosa localidade. Tivemos a oportunidade de entrevistar a diversas persoas como: Benito Portela,  Carlos Silvar, Manuel Lorenzo, Miguel Gayoso e  Miguel Mosquera. Todos eles colaboraron co nós aportando tanto os seus coñecementos como experiencias relacionados coa temática. Moitísimas grazas a todos!

A continuación (premendo na imaxe) podedes escoitar a entrevista realizada a Benito Portela, alcalde de Sada, en relación o patrimonio da localidade.





miércoles, 5 de junio de 2024

Plan director de convivencia e camiño escolar seguro

Dentro do Plan director de convivencia, tivemos unha xornada de formación en educación vial. Comezamos con unha charla na aula e a continuación realizamos un circuíto para poñer en práctica as normas viarias e avanzar co noso Camiño Escolar Seguro.

Premede na fotografía para accceder a outras:



lunes, 3 de junio de 2024

Vela lixeira. Xogade.

 

Que mellor xeito de finalizar o trimestre que participando nas clases de vela lixeira, contempladas dentro do programa Xogade.

Hoxe tivemos a primeira das tres xornadas, comezando con un pouco de teoría  para continuar coa   clase práctica. 

Aprendemos moito e pasámolo xenial! Premede na imaxe para ver fotografías.