martes, 26 de noviembre de 2024

Viñetas dende Sada

 Co gallo do noso proxecto anual VIÑETAS dende SADA, os alumnos e alumnas de sexto seguimos a traballar sobre MAFALDA.

Desta vez, investigamos non so sobre ela, senón sobre as súas amizades e descubrimos cousas moi curiosas.

Incluso chegamos a identificarnos coas personaxes e pasamos un moi bo rato facendo comparacións e descricións.

O traballo final foi a creación deste fermoso mural artístico.


lunes, 25 de noviembre de 2024

25 N

 


Como cada ano, hoxe conmemoramos o 25 N porque dende a nosa aula rexeitamos todo tipo de violencia e cada día somos máis conscientes das situacións que se viven na nosa sociedade.

Gustaríanos cambiar a historia, o rumbo... e que mellor xeito que a educación? Nós somos o futuro e buscamos que estea libre de calquera indicio.


Invetigamos sobre a violencia de xénero a partir do conto Rosa Caramelo, e comprendemos o que é, e non é o amor. Aquí o noso mural ao respecto. 


Creamos un mural colectivo na nosa escola con lemas en contra da violencia e a favor do amor propio,o respecto e a igualdade. 

A nosa aportación vai da man da nosa personaxe favorita: Mafalda



Asistimos a unha representación teatral a través de contos que merece a pena analizar: Rosa Caramelo, Os bononos con lentes, Clementina...


E xuntos, para finalizar o día, demos a benvida a nosa compañera Lauanny que aterra na nosa escola un día de gran importancia.

Agardamos disfrutes do viaxe ao noso carón. 

miércoles, 20 de noviembre de 2024

Entrega Diplomas Palabra do Día

Hoxe Breixo e Joao recibiron o seu diploma por participar na dinámica Palabreando do EDLG.

Dende 6º estamos moi orgullosos deles polo seu traballo. 

Seguide participando que, de seguro, vos cae algún premio.

NORABOA!!


miércoles, 13 de noviembre de 2024

Tarabelo nas ondas

 


Hoxe tivemos a sorte de ser os protagonistas do noso programa de radio: Tarabelo nas ondas.

Ao longo da última semana do mes de outubro, o alumnado de 6º estivo a traballar no guión, gravación e edición do mesmo. 

Agardamos disfrutedes do noso traballo. 

Aquí vos deixamos a transcrición do programa. 



Se queredes escoitalo acudide ao blog O Tarabelo, concretamente ao seguinte enlace.