Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2025

Día da Paz

Como non podía ser doutro xeito, os nenos e nenas de 6º participamos hoxe do día da paz a través da nosa xornada de xogos cooperativos. A nosa Mafalda colaborou, por suposto, no noso traballo ao respecto. Formando parte do noso mural colectivo. Se queredes achegarvos un pouquiño ao noso día da Paz, facede clic sobre a pomba e disfrutade das fotos. 

DGT Mobilidade Sostible

  Hoxe recibimos a visita da DGT para abordar o tema da mobilidade segura es sostible. Repasamos todos os nosos coñecementos sobre seguridade vial e puxemos en práctica algún que outro que se nos esquecía.  Xornada de interese e aprendizaxe.

VIÑETAS DE SADA A CAMBRE

Debuxos para PAIPORTA

  Dende a nosa escola, co obxectivo de axudar na medida do posible aos centros educativos afectados pola Dana, asemade da carreira solidaria que fixemos antes do inicio do nadal, contactamos co CEIP L´Horta, en Paiporta, e acordamos con eles enviar un dosier dixital de debuxos que permitise aos nenos e nenas a volta ás aulas cun sorriso.  Aquí vos deixamos o documento para que poidades disfrutalo. Está feito con moitísimo agarimo e ilusión. Facede clic na seguinte imaxe. 

Aniversario Breixo

  Para dar comezo ao segundo trimestre... festexamos o aniversario do noso compañeiro Breixo.  Desexamoslle que disfrute deste ano máis e que estea cheo de sorrisos, aprendizaxes e moitísima felicidade. Feliz, feliz no teu día...  

Aniversario Leila

  Hoxe, ao carón dos Reis Magos, está de aniversario unha compañeira moi especial.  A nosa Leila cumpre 12 anos e estamos seguros de que os celebrará bailando e cantando como ela sabe.  Moitas felicidades!