Chegou o día de felicitar ao noso compañeiro Gabriel con moito agarimo e ilusión desexamos que este novo ano estea cheo de emocións e moitísima felicidade, está máis que merecido. PARABÉNS!
Hoxe o alumando de 6º partipou no taller online do INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade)co obxectivo de fomentar hábitos de seguridade na rede a todos os niveis. Agardamos que progresivamente asuman estas cuestións de tanta relevancia no día a día.
Hoxe tamén foi o turno de Breixo, sen dúbida, ben informado sobre as redes ferroviarias en España e máis concretamente na nosa comunidade. O seu traballo merece un gran recoñecemento e aplauso, ao igual que a súa exposición sobre o tema. NORABOA!
Continúa a rolda de presentación de investigacións creadas e deseañadas polo alumnado de 6º EP. Hoxe é o turno da nosa especialisa en música, fan nº 1 de Olivia Rodrigo. Aquí vos deixamos o traballo realizado e as fotos da súa exposición. Ben feito, Leila. CARTEL PUBLICITARIO
Hoxe temos que dar a noraboa a Breixo. O noso compañeiro foi un dos premiados do concurso Palabreando. Leva xa participando dende o inicio desta dinámica e non perdeu as ganas de continuar. A constancia conduce ao éxito. Bo traballo.
Continuamos a nosa labor en responsabilidade co medio ambiente. Recollida e reciclaxe de papel no noso centro. Cada venres o alumnado de 5º e 6º (segundo calendario establecido) acude ás aulas para facer a recollida do papel que debemos desbotar e por suposto, o facemos no colector correspondente. O noso planeta depende de nós.
Continuamos a nosa formación cara a seguridade vial tanto como peóns como conductores. Desta vez da man dos nosos amigos e amigas de Stop Accidentes. Repasamos todo o que xa sabiamos ao respecto e profundizamos en cuestións máis complexas. Agora que xa estamos en sexto fomos quen de por exemplos múltiples a través das nosas propias observacións, vivenzas... e isto enriqueceu en gran medida a actividade. Seguimos camiñando para reducir os accidentes e convertir o mundo nun lugar mellor.