Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2025

Conmemoramos O Día do Libro

  Como cada ano para conmemorar o día de libro puxemos en práctica a nosa dinámica de amadriñamento e apadriñamento lector. Este curso, somos os maiores e fomos os encargados de achegar á lectura aos máis cativos.

Aniversario Inés

Día de celebración para a nosa compañeira Inés.  Desexamos que nunca perdas o teu sorriso e toda a túa enerxía.  FELIZ ANIVERSARIO!  

Aniversario Alejadro e Silveira

 Día de celebración dobre.  Aniversarios de Álex e Yago. Aínda que a foto non é a mellor (jajajaja) ten o obxectivo de desexar a estos dous compañeiros un moi feliz novo ano de vida.  DISFRUTÁDEO!

Cortadora Láser

 Levamos xa un tempo indagando e formándonos en materia de cortadora láser e hoxe por fin chegou o día de por a mesma en funcionamento e ver cómo saen os nosos deseños. 

Reserva Biosfera (Cómic Ambiental)

 Novo obradoiro na aula da man da Reserva da Biosfera. Desta vez continuamos a nosa aprendizaxe sobre o cómic en relación a lugares de importancia na nosa contorna. 1. Deseñamos unha personaxe. 2. Aprendemos a debuxar emocións e expresións faciais. 3. Coñecemos a Susi (personaxe principal protectora do medio ambiente). 4. Creamos unha historieta persoal.

Mi persona FAVORITA

  Hoxe na sesión de valores traballamos sobre a canción de Alejandro Sanz e Camila Cabello na que puidemos ver expresión de amor de parellas moi diversas para reflexionar sobre a diversidade e comprender que querer a alguén vai moito máis aló da beleza e que incluso esta é totlamente diferente segundo os ollos que a miren.

Navega con RUMBO (Redes Sociais)

Continuamos formando aos nosos cativos e cativas na responsabilidade no uso da tecnoloxía, redes sociais, internet...   Da man de navega con rumbo, recibimos hoxe unha charla moi interesante, directa e adaptada para que o futuro do noso alumnado sexa máis saudable e seguro.

Estadística en acción

  Hoxe o alumnado de 6º puxo en práctica o seu coñecemento estadístico na escola: 1. Sondearon ao alumnado e ao profesorado a través dunhas sinxelas enquisas. 2. Analizaron os datos e crearon táboas de frecuencia. 3. Calcularon frecuencia absoluta e relativa. 4. Chegaron aos porcentaxes finais. BO TRABALLO! Grazas ao alumnado de 1º por enviarnos estas fotos que permiten amosar o ben que o fixeron.