Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2025

VISITA IES

  Hoxe foi un día especial e diferente. Achégase o momento de cambiar de rumbo e comezar unha nova etapa. Así pois, visitamos o noso próximo destino: O IES Isaac Díaz Pardo.

Aniversario Pelayo

  Dado que o noso compañeiro Pelayo estará de aniversario no mes de xullo e non poderemos celebralo na aula, facemos esta mención adiantada. FELICIDADES!!

Sesión Sensibilización Acoso Escolar

  Na aula de 6º estivemos a abordar novamente a temática do Acoso Escolar dada a súa relevancia. Ante a nova etapa que comezará este alumnado consideramos imprescindible que saiban recoñecelo e as pautas que deben seguir para actuar.  Sodes a parte máis importante da SOLUCIÓN.

Circuito Seguridade Vial

  Continuamos a nosa formación de seguridade vial da man da DGT, esta vez a través dun circuito no que actuamos como conductores e aprendemos sobre as normas máis importantes que debemos cumplir.  Facede clic sobre a seguinte imaxe e poderedes acceder a máis fotos. 

Aniversario Daniela

  Hoxe felicitamos a Daniela, a nosa compañeira máis artística e creativa. Agardamos disfrutes moitísimo do teu día! PARABÉNS!

ANIVERSARIO DANTE

  Hoxe é o turno de Dante, o seu día.  Un ano máis para disfrutar e gozar da vida. Desexámoste o mellor amigo!