Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2026

Minutos de ouro

Arrancamos a segunda volta das exposicións dos venres, os Minutos de ouro. Nesta  ocasión tocoulles comezar a Xurxo, que escolleu o pez paiaso como tema; a Roi, que nos falou sobre as capibaras; e a Marina, que nos adentrou no mundo das Crónicas de Narnia.   

Vision boards para 2026

 Nestes días elaboramos os nosos vision boards  utilizando Canva e presentámolos a través dunha exposición oral en lingua castelá . Un vision board é un panel visual no que representamos metas, soños e desexos mediante imaxes, palabras ou frases que nos inspiran. Axúdanos a clarificar o que queremos conseguir, a manter a motivación e a confiar nas nosas capacidades. Funciona porque o feito de visualizar os obxectivos fai que o cerebro se centre neles, reforzando a atención, a ilusión e o compromiso persoal. Aquí tedes unha mostra deles: Vision Boards 6º A de Fatima Reino

Poñéndonos ao día - Todo sobre o meu Nadal

 Na volta ao cole despois das vacacións, dedicamos un tempo a compartir como foi o noso Nadal. A través de pequenas exposicións orais , o alumnado contou cousas ricas que comeu, xogos aos que xogou, momentos especiais que viviu e persoas importantes coas que compartiu eses días.