Dentro do
Programa de Educación Ambiental Somos Biosfera 2018, o luns 16 de abril
participamos nunha saída para coñecer a Estación de Tratamento de Auga Potable
da Telva en Cambre e as instalacións da protectora de animais Gatocán en Coirós.
Foron dúas
visitas moi interesantes. Na Telva explicáronnos o proceso de potabilización da
auga que chega ás nosas casas e a facer un uso responsable deste ben tan
preciado.
En Gatocán vimos os gatos e cans que teñen acollidos,
que son máis de 150. Puidemos xogar con eles e levámoslles comida para axudar a
esta protectora. Animamos a todos a que colaboredes con eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario