Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2019

Prazer em conhecer-te

Onte sorprendemos a Samuel cunha canción de Nadal na súa lingua e así despedímonos del no seu paso polo colexio.

NADAL EN SEXTO

O día 20 de decembro rematamos as clases e celebramos  a fin de ano dun xeito especial. Se pinchades na imaxe poderedes ver as fotos da celebración na nosa aula.

Mulleres deportistas: Susú Cores e Pilar Neira

Dúas mulleres deportistas visitaron o noso colexio: Susú Cores e Pilar Neira. Contáronnos a súa experiencia no mundo do deporte, tradicionalmente masculino. Conversamos con elas e preguntámoslles polas dificultades que tiveron para vencer os estereotipos existentes e como lograron superalos. Susú Cores      Pilar Neira

Participamos no pleno infantil do Concello de Sada

Os nenos e nenas de 6º curso participamos no Pleno Infantil do Concello de Sada xunto cos de 5º. Cecilia presidiu a sesión e os concelleiros e concelleiras que representaron ao noso curso foron: Karla, Manuel, Martina, Roi, Samuel, Adrián, Cristina e Antía. As propostas que elaboramos en 6º e presentamos no pleno foron: RECOÑECEMENTO DE MULLERES DE SADA E A SÚA CONTORNA. Dar a coñecer os traballos máis comúns que realizaban antigamente as mulleres e os que fan na actualidade a través dun traballo expositivo e comparativo. Facer un recoñecemento anual dunha muller de Sada polo seu labor, por exemplo: no ensino, na medicina, na axuda aos demais… Poñer ás rúas nomes de mulleres importantes de Sada ou escribir no chan do porto de Sada, como xa hai algúns postos, os nomes e as mans de mulleres destacables en Sada. Organizar unha festa para as mulleres da vila e facer unha escultura na súa honra nun lugar da vila. ACCESIBILIDADE, MOBILIDAD...

Mural Matriarcas

Fixemos unha parte do mural da canción Matriarcas. Na nosa contribución ao mural representamos a estrofa que correspodeu a 6º de Primaria: "Comezan as historias con homes encumados, rematan sempre todas con mulleres que os salvaron, da morte do intelecto, de insectos que os picaron, de turbias lendas vellas que non queren nen lembrar." Se clicades na imaxe podedes ver as fotos.

A nosa aportación á conmemoración do 25 de Novembro

Pinchando na foto podedes ver  outras imaxes Comezamos a conmemoración cantando  a canción "Matriarcas" co resto de compañeiros do colexio. Despois colaboramos na elaboración da apócema en contra da violencia de xénero e, por último, brindamos e bebemos todos xuntos.

25 de novembro: Cartas e correos contra a violencia de xénero

Con motivo do 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, os menos e nenas de 6º de Primaria escribimos cartas e correos. Diriximos as nosas cartas aos agresores e ás vítimas e os correos ás administracións e ás persoas que son testemuñas destes actos e calan, sendo cómplices destas situacións. As nosas cartas e correos están expostas en dous murais na aula e tamén podedes lelos nos seguintes enlaces: Carta a unha vítima Carta a un agresor Correo electrónico a unha administración Correo electrónico a un cómplice Clica nas imaxes para ver as fotos  

RADIO 6º: Debates

Hoy en  Radio Sexto  podeis escuchar debates sobre temas de mucho interés. Teléfonos móviles   Patinete Clica na imaxe para ver as fotos dos debates. Videojuegos Traballos en grupo  

Mural Carmen López Cortón

A nosa clase colaborou nun mural sobre a vida de Carmen López Cortón elaborado por todas as aulas do colexio. Carmen López Cortón formou parte da Escola Libre de Ensinanza e nós recollemos información sobre a orixe e historia desta institución.

O SAMAÍN xa chegou...

...e con el a xente nosa; que a escura raia pasou; xa saiu da negra fosa...

Mural sabias que?

A clase de 6º colaborou na elaboración do Mural sabias que? con noticias sobre igualdade, fenda salarial, acceso das mulleres á educación, dereito ao voto,... Clicando nas imaxes podedes ver as imaxes do Mural sabias que?

...MÁIS LECTURITAS

Pinchando na imaxe atoparedes noticias relacionadas con: igualdade salarial e  profesional entre homes e mulleres.

LECTURITAS NOTICIAS

No noso noticieiro atoparedes temas relacionados co proxecto do centro Club de Letras. Se pinchades na imaxe podedes ver os nosos traballos sobre: a igualdade nas tarefas do fogar; o dereito a voto da muller; e  a educación das nenas e dos nenos.

Igualdade e ciencias con STEM GIRL

O pasado xoves 10 de outubro continuamos promovendo a igualdade. Esta vez coa actividade denominada STEM GIRL, a través da cal puidemos comprobar que as ciencias son  tanto para os nenos como para as nenas. Clicando na imaxe podedes ver en que consistiu este Obradoiro.

RADIO 6º. Igualdade

Hoxe en Radio Sexto podedes escoitar  as nosas noticias relacionadas coa igualdade. Noticias 1.   Noticias 2.   Noticias 3.   Noticias 4.   Noticias 5.   Noticias 6. 

Empezamos un novo curso

Empezamos un novo curso con moitas ganas de aprender e pasalo moi ben. É o noso último ano no cole.

Alvarella día 12 de Xuño.

E ata aquí a excursión. Parabens a todos polo voso comportamento! Fixestedes que a miña derradeira excursión como mestra resultase moi fácil e divertida. Dende a miña posición de xubilada seguirei defendendo a escola pública. Grazas e moita sorte a todos!

Alvarella día 11 de Xuño.

Alvarella día 10 de Xuño.

Excursión Fin de E: Primaria. Alvarella. 10,11 e 12 de Xuño de 2019.

Aló imos ! Lembrade que o imos pasar moi ben...sodes uns rapaces moi responsables e confío plenamente en vós. Maletas listas

Agradecementos a Miguel na Gala da Biosfera pola súa traxectoria en prol da defensa da Natureza.

Luisa: Bos días a todos! Pedíronme que contara algo sobre a figura do noso director. Miguel é unha persoa de ben en tódolos ámbitos da súa vida e sen dúbida  é un defensor da Natureza. Non vou falar eu. Os rapaces queren dicir algo. Son verbas escritas dende o corazón.Grazas. Irimia:Me lo he pasado genial en las actividades sobre la biosfera, y quiero agradecer a Miguel lo que se ha esforzado para que los alumnos de nuestro colegio respeten la fauna y la flora del lugar en el que vivimos, que sepan todo lo bonito que hay en Galicia, a lo que antes, no se le daba importancia.                                                                    ...

20190430 Os de 6º contan contos na Semana do Libro aos seus compañeiros de Infantil, 1º e 2º.

Os de 6º contaron contos na Semana do Libro aos seus compañeiros de Infantil, 1º e 2º e fixeron unhas tarxetas para animar a todos a convertirse en lectores. Grazas  a todos pola vosa participación nesta actividade que tanto gusta aos máis pequenos. Parabens! " Un neno que le será un adulto que pensa"

20190502 Creación de instrumentos musicais: Pao de chuvia. 6º

Grazas Sara !

Maratón de contos na Biblioteca Municipal.Día do Libro.

O alumnado de 6º participou no Maratón de contos da biblioteca como relatores e os alumnos de 3º como receptores. Foi unha experiencia moi gratificante.Cando saímos recibimos cada un de nós un caravel vermello. Grazas a Iria da Biblioteca por invitarnos.

22 de Marzo. Día Mundial del agua.

Os alumnos de sexto poñen o seu tempo para compartir uns sorrisos con toda a comunidade educativa.

No Día da Paz escollimos cantar todo o colexio a mesma canción " Colores, colores". Fala de igualdade, de convivencia, de compartir...Os nenos de 6º saben diso, son solidarios e participaron o curso pasado no TEI como titores, saben pensar nos demais e poñerse no seu lugar, o levan moi traballado. Decidiron que como no teatrillo do Día da Paz falaban de que todos tivesen un sorriso, eles farían un sorriso para cada rapaz...e aí están...a parte das mandalas, do disco de Newton , onde comprobaron que as cores desaparecían ata converterse nun neutro, o branco...a parte de todo iso, fixeron 260 sorrisos, 12 cada un co seu correspondente desexo de Paz.Todos foron entregados no acto celebrado no patio. Grazas polo voso esforzo, o voso tempo e por saber convivir tan ben. Síntome moi orgullosa de vós. A mestra Luisa.

Teatro en Inglés para 5º e 6º..." Tarzán"... Foi moi divertida e o pasamos xenial.

Plan director de Convivencia : Acoso Escolar. O mércores pasado veu a Garda Civil a explicarnos como debemos actuar ante o acoso.