Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2022

Entroido 2022

Hoxe celebramos o ENTROIDO e seguindo o lema "Slow fashion" e preparados para un bo feirón, alá fomos de costureiras e costureiros... Mirade! Non faltou detalle no noso disfraz. Bailamos, rimos, xogamos... así damos a benvida ao entroido no cole CEIP Sada y sus contornos. Foi un pasarúas do máis animado, grazas ás familias que puideron acompañarnos polo paseo. Que fermosas vistas ao mar puidemos disfrutar!  Feliz ENTROIDO familias! 

Feliz día de Rosalía ( 23 de febreiro do 2022)

  O día 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía... debuxamos uns pensamentos, a flor prefirida de Rosalía....  Enchemos os pétalos coas súas frases máis famosas.. unha homenaxe a ROSALÍA E.. para rematar, bailamos ao son das súas letras... bailamos o amor, a choiva, a amizade, bailamos ás labregas, agricultores e gandeiras...  

Comunicación Asertiva ( Escola do Benquerer)

Comunicación asertiva 1º Proxectamos na pantalla interactiva da aula situacións coma a que deixo a continuación: 2º Realizamos debates en parellas, logo en grupos cooperativos de 4/5 persoas e finalmente expoñemos as conclusións en gran grupo Preme para ver o vídeo e reflexionar sobre a comunicación asertiva, así o fixemos nós: Deixámosvos aquí unha mostra das claves que aprendemos para dicir que non de forma asertiva:  ✓ Verbalízao: dicir que non de maneira clara e firme.  ✓ Arguméntao: explica o teu motivo para dicir que non (pode ser tamén un non temporal “Agora non podo, pero máis adiante...”). ✓ Fala das emocións: se a proposta che da medo, non te sentes cómodo ou cómoda, ou che preocupa algo sobre a mesma... tes que transmitilo.  ✓ Usa frases cortas e directas. Estás expoñendo o teu punto de vista, non xustificándote.  ✓ Interpela a outra parte antes de expor as túas necesidades: “Entendo (que ti queiras X, que ti fagas X, a túa posición... pero eu...”. ...

O xogo da autoestima ( TEI)

O xogo da autoestima 1º Colle un folio de cor, escribe que che inspira esa cor, que emoción che produce... 2º A mestra vai lendo oracións sobre sucesos que nos poderían pasar ao longo dun día ou na vida. Por exemplo: teño unha pelexa co meu irmán/irmá pequeno ou pequena Reflexiona sobre ese suceso e arrinca un anaco dese folio de cor (tan grande coma o sentimento negativo que ch produciu ese suceso) e reflexar como afecta á nosa autoestima 3º Unha vez que tes todos os anacos de folio e deixa de ser un todo e pasa a ser anacos dun crebacabezas, volve  montar o  folio. que observamos? É difícil recompoñelo verdade? A autoestima é fácil de diminuír con pequenos feitos que nos van pasando no noso día a día pero recompoñela non é tan sinxelo 4º Expresamos de forma individual como nos sentimos mentras montamos os anacos e nos custa ( impotencia) e cando o conseguimos ( alegría, emoción, aumento de autoestima, de motivación...) Preme no seguinte enlace para saber máis.....: Recursos ...

VITAMINA D e aprendizaxe

Bo dia familias, profes, alumnos e alumnas.....! No seguinte enlace podedes ver unhas fotos de cando saímos ao patio nun día soleado e con vistas ao mar. Aproveitamos para practicar ortografía e gramáticas e aprender moitas SIGLAS novas... Botade unha ollada:  Un parchís ortográfico, un scrabble, un xogo para aprender sinónimos e antónimos.... FOTOS Tamén vos deixamos un enlace sobre a Aprendizaxe baseada en xogos e a súa importancia: ABJ