Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

A electricidade

 A través de diversos experimentos puidemos comprobar o comportamento dos corpos co paso da carga eléctrica duns a outros. Preme na fotografía para acceder ás imaxes           

Un pouco de historia

 Despois de buscar, seleccionar e contrastar información de diversas fontes, realizamos as nosas  exposicións grupais sobre os acontecementos máis relevantes da historia contemporánea en España. Finalmente, para comprobar o que aprendemos, elaboramos preguntas sobre os traballos para os nosos compañeiros.                       

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril, con motivo do Día do libro , na nosa escola realizamos varias actividades: Os alumnos de cursos superiores fixeron de padriños e madriñas dos máis pequenos. Nós, lemos contos os nenos e nenas de 4º EI. Participamos na proposta do 1º ciclo Sadadona: un mercado solidario a favor de Médicos sen fronteiras,  onde o alumando do centro doou libros e despois, de xeito voluntario, puidemos comprar.        

Obradoiro de banda deseñada con Santy Gutiérrez

 Onte participamos nun obradoiro de banda deseñada co  artista Santy Gutiérrez. A través das personaxes Brais e Chisco coñecemos as características do cómic e deseñamos o noso. Gustounos moito e pasámolo xenial! Preme nas imaxes para acceder a novas:            

Balonmán na rúa 5 x 5

 Con motivo do próximo circuito balonmán na rúa 5 x 5,   a FGB (Federación Galega de Balonmán) ofreceunos unha clase práctica na que puidemos coñecer mellor esta disciplina deportiva.

Muncyt Coruña

 Este xoves, o alumado do terceiro ciclo visitamos o Muncyt. A primeira actividade, relacionada co tema que estamos a dar na aula: a electricidade,  consistiu en realizar experimentos guiados en equipo, empregando modelos para conseguir un produto final. A continuación, realizamos unha visita guiada polo museo na que coñecemos cousas moi interesantes.  Aínda que se nos fixo un pouco curto, aprendemos e gustounos moito!

COGAMI. Obradoiro de sensibilización.

 Esta semana, grazas a COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), puidemos participar nun obradoiro de sensibilización sobre discapacidade. A través de diversas actividades, puidemos comprender e familiarizarnos coa realidade das persoas con algún tipo de discapacidade. Preme na imaxe para acceder a fotografías da xornada.

Koalas

 Relacionado co proxecto do centro e, concretamente, co continente ó que nos tocou "viaxar" realizamos unha actividade plástica sobre un dos animais máis representativos do país: o  koala.