Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2025

Comezamos cos “Minutos de Ouro”

 Esta semana puxemos en marcha unha nova actividade na aula: os “Minutos de Ouro” . Trátase dun espazo semanal no que, cada venres, dous compañeiros ou compañeiras terán a oportunidade de facer pequenas exposicións orais sobre temas que lles resulten interesantes ou importantes. O obxectivo desta iniciativa é mellorar a expresión oral , perder o medo a falar en público e compartir coñecementos e inquedanzas co resto da clase. Cada intervención durará uns minutos, nos que a persoa encargada poderá explicar, mostrar ou contar algo que lle apaixone: un libro, un deporte, unha curiosidade científica, unha tradición, unha experiencia persoal… todo vale! Enzo, falándonos sobre o fútbol, e Thiago, sobre os videoxogos, foron os encargados de romper o xeo e poñer en marcha esta dinámica.

Benvid@s a bordo!

Comezamos un novo curso cheo de ilusións, retos e aventuras. Estes primeiros días servíronnos para reencontrarnos, compartir como nos sentimos e descubrir que, durante o verán, todos e todas cambiamos un pouquiño: algunhas persoas medraron en altura, outras descubriron novas afeccións, e tamén aprendemos cousas sobre nós mesmos que nos fan sentir máis seguros e preparados para esta etapa. Este ano o noso proxecto de centro xirará arredor do mar , un tema que nos acompañará en moitas das actividades e aprendizaxes. Para ir entrando en materia, puxémonos a proba cun desafío en equipo : tiñamos que imaxinar que quedabamos nunha illa deserta e decidir, xuntos, que obxectos levar. Despois, tivemos que redactar un plan para sobrevivir durante 24 horas con eses obxectos, sabendo que algúns podían ter consecuencias positivas… e outros non tanto. Foi unha experiencia divertida e chea de risas, pero tamén aprendemos a escoitar aos demais, chegar a acordos, e valorar a importancia de colaborar ...