Esta semana puxemos en marcha unha nova actividade na aula: os “Minutos de Ouro”. Trátase dun espazo semanal no que, cada venres, dous compañeiros ou compañeiras terán a oportunidade de facer pequenas exposicións orais sobre temas que lles resulten interesantes ou importantes.
O obxectivo desta iniciativa é mellorar a expresión oral, perder o medo a falar en público e compartir coñecementos e inquedanzas co resto da clase. Cada intervención durará uns minutos, nos que a persoa encargada poderá explicar, mostrar ou contar algo que lle apaixone: un libro, un deporte, unha curiosidade científica, unha tradición, unha experiencia persoal… todo vale!
Enzo, falándonos sobre o fútbol, e Thiago, sobre os videoxogos, foron os encargados de romper o xeo e poñer en marcha esta dinámica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario