Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2025

Celebramos o Samaín

Aquí tedes algunhas imaxes do nóso grupo durante a celebración do Samaín: 

Exposición de cabazas no colexio

 Aquí vos deixamos algunhas das nósas aportacións á exposición de cabazas organizada no cole con motivo da celebración do Samaín.

Lecturitas presenta Maresada

 Hoxe en 6º A recibimos a visita de Lecturitas que, acompañado de Noelia, presentounos o proxecto do centro para este curso: Maresada. Tras contarnos un conto sobre as crebeiras, plantexounos os distintos retos e tarefas que imos realizar durante estos meses dentro do proxecto e... non podemos ter máis ganas de completalos!

Tim Burton chega a 6ºA

Na nósa clase comezamos a traballar o cine a partir do director e ilustrador Tim Burton. Con ese motivo comezamos a facer uns autoretratos emulando a súa técnica.  

Minutos de ouro V

Hoxe a cousa foi de astros... Gerald e Xavi fixéronnos coñecer diferentes curiosidades sobre o Sistema Solar e do Espacio. 

Minutos de ouro IV

 Este venres a cousa foi de animais: foi o turno de Pedro, que nos contou curiosidades sobre os gatos, e de Daniela, unha apaixoada dos cabalos.

Minutos de ouro III

 Hoxe foi o turno de Vera, que nos explicou unha cantidade enorme de cousas sobre o tenis, e de Xurxo, que nos levou ao mundo dos morcegos.

"Xa toca": Un acto para romper barreiras xunto a ASPACE

  O 6 de outubro conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral , e no noso centro sumámonos á iniciativa promovida por ASPACE , coa que colaboramos nun acto durante o día de hoxe cheo de aprendizaxe. Durante a xornada, os usuarios e usuarias de ASPACE compartiron connosco as barreiras coas que se atopan no seu día a día , tanto físicas como sociais. Con isto fixéronnos  reflexionar sobre a importancia de construír unha sociedade máis inclusiva , onde todas as persoas teñamos as mesmas oportunidades. Inspirados pola súa mensaxe, escribimos mensaxes reivindicativas e de apoio sobre un timbre . O acto continuou coa lectura dos manifestos por parte das autoridades , e a continuación realizamos todos xuntos unha “timbrada” colectiva , facendo soar campás e timbres como símbolo de unión e visibilidade. Foi unha experiencia moi enriquecedora , que nos axudou a poñernos no lugar das persoas con parálise cerebral e a entender mellor o valor da inclusión. Porque xa toca escoita...

Investigamos a Magritte

Antes de comezar a experimentar coas técnicas de René Magritte, en 6ºA estivemos facendo unha pequena investigación sobre a súa vida e obra. Mgritte foi un pintor surrealista B¡belga que destacou por transformar os obxectos cotiáns en algo sorprendente, facendo que quen observa os seus cadros vexa unha mistura entre o real e o imaxinario. Aquí vos deixamos as presentacións que fixemos: René Magritte (Vera, Antonella e Aarón) de Vera René Magritte (Enzo, Nelson e Xurxo) de Xurxocabado René Magritte (Pedro, Daniela e Gael) de Pedro Muñoz René Magritte (Aine, Marina e Bruna) de Marina René Magritte (Xavi, Thiago e Hugo) de Hugo René Magritte (Mathías, Martín e Gerald) de Alanrojas

Minutos de ouro II

 Na segunda xornada dos minutos de ouro escoitamos a Antonella falar sobre os signos do zodíaco e a Aarón, sobre o skate .

“Mariquiñas de papel”: repensando os estereotipos

 Esta mañá vivimos na aula un  taller moi interesante titulado “Mariquiñas de papel” , organizado pola asociación Visibles e impartido por unha nutricionista convidada . A través desta actividade reflexionamos sobre os estereotipos corporais de xénero , os patróns de conduta que temos en consecuencia as persoas e a influencia das redes sociais e da publicidade na forma en que nos vemos e nos presentamos ante os demais. Durante a sesión analizamos como, moitas veces, as imaxes e mensaxes que recibimos nos condicionan sen decatarnos, marcando o que “debería” gustarnos ou como “deberíamos” ser segundo o noso xénero. Falamos de como é importante coidar o que consumimos tamén a nivel emocional , aprender a mirar con ollos críticos e a valorar a diversidade real que nos rodea. Para rematar o taller, puxémonos mans á obra e creamos as nosas propias “mariquiñas de papel” , personaxes únicos feitos por nós. Cada un e cada unha vestiunos, elixiulles un nome, un segredo, unha afec...