Ir al contenido principal

Virus zombi en Illa Pancha

 Virus zombi en Illa Pancha

Problemas raros na Illa Pancha por un virus misterioso chamado VZS1,

acuñado coloquialmente como “virus zombi”.



A Illa Pancha sendo invadida polos zombis



AARÓN FERNÁNDEZ, NELSON PÉREZ E THIAGO IGLESIAS                                                                                     

Un científico resultou infectado por un suposto virus descoñecido durante a noite de onte. Ao principio non se detectaron síntomas de malestar, pero á mañá seguinte o investigador comezou a comportarse dunha maneira estraña e violenta, feito que puxo en alerta as autoridades. Os equipos de seguridade informaron de que a zona debe ser evacuada, logo de confirmarse que un zombi apareceu morto na auga da Illa Pancha e que outro foi atopado durmindo na zona de mandos. As autoridades advertiron: “NON vos acheguedes á illa se non queredes condenar o planeta Terra para sempre”. Pouco despois, novas informacións confirmaron a presenza de máis zombis na cidade próxima á illa. Na central nuclear contabilízanse xa arredor de 150 persoas infectadas por un ou varios zombis, polo que a situación está empeorando rapidamente. Aínda que se sabe da existencia dunha inxección capaz de curar os infectados, polo de agora só se poden empregar armas para defenderse, mentres o científico refuxiado nun hotel da Illa Pancha traballa para completar unha cura definitiva. O concello recibiu o comunicado tres días despois dos primeiros incidentes e, a día de hoxe, aínda non se confirma con certeza se o científico continúa con vida, aínda que se agarda que así sexa. Segundo as últimas noticias, o virus está espallándose por toda Galicia. O científico, que segue vivo, afirma ter xa a cura lista, mais necesita chegar a Santiago de Compostela para producila en maiores cantidades. A policía mantén os zombis a raia, pero cada vez son máis e o risco continúa aumentando. Nas últimas horas confirmouse que os zombis seguiron espallándose, mordendo a máis xente e transformándoas noutros zombis. As autoridades alertan de que o perigo medra e que o final podería estar preto se non se actúa con rapidez.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Desexámosche o mellor Iovanna!

 Hoxe é un día especial, a nosa mestra Iovanna remata a súa labor docente na nosa aula.  Pois si que tivo paciencia con nós!!! O alumnado de 6º curso desexámosche o mellor na túa andaina polo mundo da docencia, ese que dá tantas alegrías. A pesar diso, quedamos algo tristes pola súa partida xa que: As tarefas que ela nos enviaba eran as mellores ! ;) Gracias Iovanna por axudarnos a ser mellores, e a corrixir os nosos pequenos erros. Grazas pola túa axuda, apoio e comprensión en todo momento! Como a cousa vai de cualificacións, nós tamén queremos que te gradúes cun SB de profe con maiúsculas. Hoxe estamos de celebración pero mañá voltamos para ensinarvos algúns fotiños emotivas!.

25 de novembro - Que ninguén afogue o teu corazón

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no noso centro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller , unha data na que lembramos a importancia de seguir loitando por unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de agresións. É un día para visibilizar , concienciar e, sobre todo, educar no respecto e na igualdade. Este ano, dentro do noso PDI Maresada , escollemos un lema moi especial: “Que ninguén afogue o teu corazón” Unha frase que une perfectamente o tema do mar coa idea de protexer aquilo que nos fai únicas e valiosas: os nosos sentimentos, a nosa liberdade e a nosa dignidade. Igual que o mar pode ser calma ou tempestade, tamén as relacións humanas poden ser espazo de coidado… ou de violencia. Por iso é tan importante aprender a recoñecer que ninguén debe nunca “afogar” a nosa voz, a nosa alegría nin o noso corazón. Ao longo desta semana, o alumnado realizou os seus propios carteis individuais antes de coñecer o mural colectivo: Diseño de Fatima...

Personaxes máxicas

Hoxe aprendemos a utilizar unha ferramenta moi especial de Canva chamada Multimedia Máxica . Trátase dunha función que emprega intelixencia artificial para crear imaxes a partir das nosas palabras. O funcionamento é moi sinxelo: nós escribimos unha descrición —por exemplo, “un dragón azul con ás douradas voando sobre unha cidade futurista” — e Canva xera unha imaxe que se parece moito a esa escena. Para probalo, seguimos estes pasos: Abrimos un deseño novo en Canva: pode ser unha presentación, unha folla en branco ou calquera outro formato. No menú da esquerda buscamos a opción “Multimedia Máxica” . No cadro de texto que aparece, escribimos a nosa descrición. Por exemplo: “unha rapaza aventureira cunha capa vermella e un mapa na man” . Facemos clic en “Xerar” e Canva crea a imaxe correspondente ás palabras que escribimos. Esta ferramenta funciona grazas á intelixencia artificial xerativa , que aprendeu a relacionar palabras con imaxes. Cando escribimos un texto, o s...